ALCALDÍA

Encontro co barista Óscar de Toro

28/09/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron en Raxoi a Óscar de Toro, barista profesional e subcampión Barista de Galicia.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Acométese o valado do vertedoiro de Aríns e a análise dos seus residuos e escorrentías

28/09/2012

A concelleira Medio Ambiente, María Castelao, deu conta da aprobación das obras que a empresa Vertresa, filial de Urbaser, realizará no clausurado vertedoiro de Aríns. A empresa concesionaria investirá 100.000 euros nunha actuación destinada a impedir o acceso ao vertedoiro de toda persoa allea ao mesmo e a determinar a situación real dos residuos alí existentes e a súa incidencia sobre solo e augas.

Leer más

ECONOMÍA

Máis de 200 persoas asistirán ás Xornadas Internacionais de Coaching de Santiago

28/09/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a coordinadora do evento, Marcela Parga, presentaron ás Xornadas Internacionais de Coaching (XIC) de Santiago, que se celebrarán os días 11 e 12 de outubro no edificio municipal CERSIA. Esta será a cuarta edición deste evento, a segunda consecutiva que se celebra no CERSIA coa colaboración do Concello.

Leer más
Compartir: