ALCALDÍA

A redacción do anteproxecto da depuradora será adxudicada a finais de setembro

12/09/2012

Antes de que remate o mes de setembro, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente adxudicará a redacción do anteproxecto da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Este é o compromiso que lle anunciou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde compostelán, Ángel Currás, tras asinar un convenio de colaboración para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial.

Leer más

COMERCIO

O Concello organiza dúas accións formativas en colaboración con Compostela Monumental e Santiago Centro

12/09/2012

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, e os presidentes das asociacións comerciais Compostela Monumental, José Manuel Bello, e Santiago Centro, José María Fernández, presentaron dúas accións formativas dirixidas aos comerciantes da cidade, que se organizan dentro do programa do departamento de Economía do Concello, Santiago Investors Support, e que contan coa colaboración de ambas asociacións comerciais.

Leer más

CULTURA

O Programa de Abono do Auditorio ofrecerá 33 concertos na nova temporada

12/09/2012

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou a temporada de concertos do Auditorio de Galicia para o período 2012/2013, que comezará o 4 de outubro. Durante a mesma, o público será testemuña do paso da batuta de director titular de Antoni Ros Marbà a Paul Daniel, quen asumirá a dirección artística da Real Filharmonía de Galicia dende o 1 de xaneiro de 2012. En total serán 33 concertos, 26 dos cales protagonizaraos a propia Filharmonía.

Leer más
Compartir: