BENESTAR SOCIAL

O Concello alenta o labor social e medioambiental de Coregal

31/08/2012

As concelleiras de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, e de Medio Ambiente, María Castelao, achegáronse ás instalacións de xestión integral de residuos non perigosos que Coregal ten no polígono da Costa Vella para comprobar de primeira man os traballos de tratamento de refugallos que alí se fan.

Leer más

DEPORTES

A saída da Volta deixa un importante impacto económico na cidade nun mes de agosto de masiva afluencia turística

31/08/2012

A praza do Obradoiro acolleu a saída neutralizada da etapa número 13 da Volta Ciclista a España, con destino Ferrol. 27 anos despois, a cidade volvía acoller unha saída desta proba ciclista, que o público puido seguir por varias rúas do Casco Histórico. Este evento deportivo, que tamén congregou numerosos visitantes, pechou un mes de agosto histórico dende o punto de vista turístico, do que dan conta as máis de 45.000 consultas realizadas na oficina de Turismo de Santiago.

Leer más

FACENDA

A Conta Xeral 2011 constata a mellora dos niveis de solvencia do Concello e o camiño emprendido cara a estabilidade financeira

31/08/2012

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, presentou as cifras da Conta Xeral 2011 do Concello, que reflicten unha mellora dos niveis de solvencia, os primeiros pasos cara a estabilidade financeira e o déficit 0 e unha redución do endebedamento. As contas seguen arrastrando un remanente negativo de tesourería, derivado de exercicios anteriores.

Leer más

CULTURA

Finaliza Curtocircuíto na Rúa cunha alta participación de público

31/08/2012

O xoves 30 de agosto finalizou Curtocircuíto na Rúa –iniciativa da Concellería de Cultura-, despois de catro semanas de proxeccións de curtametraxes nas rúas do casco histórico compostelán. Estas sesións estivais ao aire libre achegan Curtocircuíto aos espectadores que visitan a cidade na época de verán. Así máis de 1.000 persoas puideron gozar cun percorrido polas últimas novidades do cine de curta duración que se están a realizar en todo o mundo: Volta ao Mundo 1 na praza...

Leer más
Compartir: