MOBILIDADE

Destacados especialistas en mobilidade debaterán en Compostela sobre estacionamentos amables e eficaces

03/07/2012

O Auditorio de Galicia acollerá os días 18 e 19 de outubro o IV Seminario Ibérico de Aparcamentos e Mobilidade Urbana. Os estacionamentos amables ou intelixentes serán o eixe temático destas xornadas, que foron presentadas en rolda de prensa polo concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez. Estivo acompañado na rolda polo presidente da Asociación Española de Aparcamentos e Garaxes (ASESGA), Jaime López; a comisionada da Associaçao Nacional de Empresas de Parques de Estacionamento (ANEPE) Luísa...

Leer más

EDUCACIÓN

Trescentos rapaces e rapazas viven un mes de xullo de lecer e en inglés

03/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitaron a Escola Municipal de Verán de Inglés, que vén de botar a andar no IES Rosalía de Castro. 300 alumnos participan nesta nova edición, que conxuga a conciliación, o lecer e a aprendizaxe do inglés ao longo do mes de xullo.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Concello, Xunta e Estado axilizan os trámites de licitación da depuradora da Silvouta

03/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e o secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, mantiveron unha reunión de traballo en Raxoi encamiñada a axilizar os trámites necesarios para a licitación do proxecto da depuradora da Silvouta.

Leer más
Compartir: