ALCALDÍA

Urbaser colaborará co Concello para valar o perímetro do vertedoiro clausurado de Aríns

11/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, conversou co director xeral de Urbaser, José María López Piñol, nunha reunión á que tamén asistiron os concelleiros María Castelao e Juan de la Fuente. Da xuntanza saíu o compromiso de colaboración da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lizo para valar o vertedoiro de Aríns e para impedir os vertidos ilegais no entorno do mesmo.

Leer más

EMPREGO

Paula Prado salienta a "maior calidade" das 211 ofertas de traballo xa confirmadas para a II Feira Internacional de Emprego

11/07/2012

A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fixo balance do recrutamento de empresas e ofertas de traballo para a II Feira Internacional de Emprego (FIE), que se celebrará os días 19 e 20 de xullo no Pavillón Multiusos Fontes de Sar, un evento impulsado dende a Axencia Local de Colocación. A día de hoxe, xa está confirmada a asistencia dun total de 39 empresas, que ofertarán 211 postos de traballo.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC do Ensanche amosa os traballos do artista e animador sociocultural Luís González, Chemical Orange

11/07/2012

O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolle dende o 9 de xullo a exposición The Chemical Orange AKA Luís González: A arte de comunicar a cultura, que recolle a obra de deseño gráfico, grafiti dixital e vídeo creacións do artista e animador sociocultural Luís César Romero González, que formaba parte do equipo de animación deste centro ata o seu falecemento o pasado 12 de xullo de 2011.

Leer más

CONSORCIO

Unha nova exposición na Casa do Cabido invita a facer "memoria de Compostela"

11/07/2012

O edificio barroco da Casado Cabido acolle dende esta xornada unha nova exposición. Baixo o título de Memoria de Compostela, o Consorcio de Santiago ideou unha mostra na que se invita ao visitante a realizar un singular percorrido pola historia de Santiago a partir de vellas fotografías e dos primeiros rótulos que conformaron o rueiro da cidade e que se gardan no depósito do Concello.

Leer más
Compartir: