DEPORTES

A Concellería de Deportes programa máis de 70 eventos en 2012 e ultima o proxecto do novo complexo acuático de Santa Marta

09/05/2012

Apoio ao deporte de base, unha rigorosa política de investimentos, a aposta polas prácticas saudables e a consolidación de Santiago como sede de grandes eventos deportivos serán algúns dos eixes de traballo da Concellería de Deportes. Todo este labor aséntase na nova imaxe do Departamento que, baixo o lema "O deporte é SAN, Santiago é SAN", integrará todo o deporte da cidade, baixo unha xestión, promoción e coordinación única.

Leer más

ALCALDÍA

O Nobel de Medicina Tim Hunt visitou Raxoi

09/05/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi ao Premio Nobel de Medicina en 2001, Tim Hunt, quen está en Santiago para participar no Programa ConCiencia. O británico sumouse á longa lista de científicos que, no marco desta iniciativa de divulgación, teñen xa deixado a súa sinatura no Libro de Honra da cidade nos últimos anos.

Leer más

COMERCIO

O comercio compostelán celebra o 18 de maio a primeira Noite Aberta de Primavera

09/05/2012

A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión. O programa conta coa colaboración das asociacións comercias da cidade: Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.

Leer más
Compartir: