NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Encontro dos Axóuxeres Dixitais

06/11/2012

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística anima os pais e nais a levar os seus nenos de entre 3 e 6 anos aos Encontros Dixitais dos Axóuxeres. Son sesións de cine pensadas para estas idades nas que os pequenos vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria e todos os outros personaxes dos Axóuxeres 2012.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas da cidade no uso da lingua galega

06/11/2012

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, presentaron a XIII Edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión polo Concello, recoñece o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Leer más

CULTURA

O festival Cineuropa exhibirá máis de 150 filmes na súa XXVI edición

06/11/2012

O alcalde, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron esta a XXVI edición de Cineuropa que se celebra na cidade do 8 ao 30 de novembro. En total serán 152 filmes os que se poderán ver no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Sala Mozart do Auditorio de Galicia. E ademais de cinema teremos actividades complementarias e un programa especial de música: Cineuropa Concerto. A música estará moi relacionada con Cineuropa este...

Leer más
Compartir: