DEPORTES

Admisión aberta na nova escola de capacitación de baloncesto do Club Cadesa

13/11/2012

Xa esta en funcionamento a primeira escola de baloncesto para a mellora da técnica individual e a xestión das habilidades emocionais, o Club Baloncesto Cadesa. A Concellería de Deportes dá a benvida a esta iniciativa, que encabeza o adestrador superior de baloncesto Iván Espiñeira, que pretende entregar aos xogadores de baloncesto as ferramentas necesarias para converterse no tipo de xogador que desexan ser.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O rural incorpórase por primeira vez ao programa de conciliación do Nadal da Concellería de Centros Socioculturais

13/11/2012

A Concellería de Centros Socioculturais oferta un ano máis nas datas das vacacións escolares de Nadal un programa educativo de tempo libre que se desenvolverá nas mañás dos días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Despois do éxito do verán, tamén neste Nadal se incorpora o rural a estes Campamentos Abertos de Nadal.

Leer más

ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición para os cursos do Plan de Formación Continua do programa Santiago Investors Support

13/11/2012

Vén de abrirse o prazo de inscrición nos cursos de formación continua do Santiago Investors Support. Este plan súmase ao resto de actividades do Santiago Investors Support, que teñen coma obxectivo fomentar o desenvolvemento empresarial de Santiago neste momento de crise económica. Inclúense neste Plan de Formación Continua, oito cursos gratuitos que se realizaran entre o 19 de novembro e o 22 de decembro.

Leer más
Compartir: