MOBILIDADE

Un servizo específico de autobuses unirá o casco urbano coa Cidade da Cultura

02/08/2011

A Cidade da Cultura estará unida coa propia cidade de Santiago a través dun servizo específico de transporte urbano, que nace con cinco frecuencias diarias en cada dirección. Este servizo xorde ante o crecente interese por visitar o complexo do Gaias e, en consecuencia, pola demanda tanto de veciños como de visitantes por unha conexión deste tipo.

Leer más

ALCALDÍA

O Plan de Rede do Metro Lixeiro de Santiago estará listo no mes de outubro

02/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantiveron unha reunión en Raxoi, na que se analizaron as cuestións que o departamento autonómico ten en marcha na cidade de Santiago, coma o metro lixeiro, a variante de Aradas ou o saneamento e abastecemento, e outras nas que participa, como a conexión da Cidade da Cultura coa AP-9 ou a nova estación depuradora da Silvouta.

Leer más

CULTURA

O concelleiro de Cultura valora a inclusión en Música en Compostela dun programa de concerto dedicado a autores galegos

02/08/2011

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, valorou moi positivamente que o concerto da Real Filharmonía do xoves 4 de agosto, dirixido por Maximino Zumalave, estea integramente dedicado a autores galegos, "tres dos cales son actuais, e constitúen un bo exemplo da creatividade musical de Galicia nos últimos anos. As obras do programa son Hermes, de Octavio Vázquez (1972), O mencer dos soños, de Xavier de Paz (1963), Concertino para orquestra de corda, de Federico Mosquera (1986), e o Concerto para trompa, de...

Leer más
Compartir: