EDUCACIÓN
Os gañadores do Concurso de Carteis de Nadal xa teñen a súa recompensa
Como cada ano por estas datas, os rapaces e rapazas gañadoras do Concurso de Carteis de Nadal pasaron por Raxoi para recibir os seus premios. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez foron os encargados de entregar os agasallos en forma de xoguetes, consolas ou libros.
CULTURA
Maxia para un tempo de ilusións
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o Mago Antón presentaron a gala Nadal Máxico. 2º Circuíto Galego da Maxia, que se celebra o venres 21 no Teatro Principal a partir das 20:30 horas. Os magos Antón, Romarís, Richard, Luis Manuel e Vituco serán os protagonistas desta actuación, destinada a un público familiar.
CONSUMO
O Concello pon en marcha unha campaña en prol do consumo responsable durante o Nadal
"Se sabes máis, consumes mellor", é o lema da campaña que con motivo das festas de Nadal pon en marcha a Oficina Municipal de Atención ao Consumidor (OMIC) do Concello de Santiago de Compostela. O obxectivo: fomentar o consumo razoable e responsable ofrecendo consellos xerais e todo o que necesitamos saber entorno a posibles reclamacións.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo apunta como retos para 2008 a vivenda protexida, o emprego e a promoción do aeroporto
A Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, á que estaban convidadas persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Sesenta e dúas empresas naceron ao abeiro do Proxecto Equal Compostela Social
O Proxecto Equal Compostela Social impulsou dende a seu nacemento, en novembro do 2005, a creación de 62 empresas na Mancomunidade de Compostela. Superouse, polo tanto, o obxectivo da concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago, que marcara en 50 empresas creadas ao abeiro do programa a meta a conseguir. Do total de empresas, 42 foron promovidas por mulleres e 20 por homes; 42 no Concello de Santiago; o resto nos de Ames, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra. E con respecto aos sectores de actividade, aínda que moi variados, os máis...
URBANISMO
Mercedes Rosón presenta no CGAC unha acción da artista Lara Almarcegui en relación co planeamento urbano
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asegurou que as proposta que a artista aragonesa está desenvolvendo en Fontiñas e Bonaval, coincide plenamente coa filosofía de ocupación do solo que defende o Concello de Santiago dende hai máis de vinte anos.