CULTURA
Cineuropa traerá 70 estreas ás pantallas compostelás
O festival Cineuropa alcanza xa a súa vixésimo primeira edición, consolidado xa como un certame de referencia e unha oportunidade única para gozar de filmografías que en moitos casos non chegan aos circuítos comerciais. Nesta ocasión proxectaranse 115 filmes, dos cales 70 son estreas absolutas.
URBANISMO
Inícianse os trámites para documentar a parte non aprobada do PXOM
O Goberno municipal adxudicou polo procedemento de urxencia o contrato complementario para a xustificación e adaptación da parte non aprobada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A Oficina de Planeamento encargarase deste proceso e o importe do contrato é de 135.024.
REHABILITACIÓN
Máis de 330.000 euros en axudas para rehabilitación de vivendas
A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente axudas por importe de 337.597 euros, para rehabilitación de vivendas. Deste importe, a Xunta achega o 43% e o Ministerio o 57% restante.
DEPORTES
Deportes concede case 70.000 euros para 35 actividades puntuais
A Concellería de Deportes determinou os 35 eventos que se beneficiarán das subvencións destinadas ao fomento de actividades deportivas puntuais en 2007. En total concédense axudas por importe de 69.538 euros.
MOBILIDADE E FACENDA
O Concello inicia os trámites para contratar a xestión das infraccións de tráfico
O Goberno local aprobou o prego e iniciou o expediente de contratación da xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano. O importe de licitación é de 300.000 euros ao ano e o prazo de duración do contrato será de dous anos.
ALCALDÍA
Concretados os prazos legais para a posta en marcha do Rexistro Mercantil
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa directora xeral de Rexistros e Notarías, Pilar Blanco-Morales, na cal se concretaron os prazos previstos para que comece a funcionar o novo Rexistro Mercantil de Santiago.