TURISMO
Compostela, Xerusalén e Roma debaten estratexias comúns
Compostela, Xerusalén e Roma son as protagonistas do I Congreso Internacional de Cidades de Peregrinación. O Hotel Monumento San Francisco acolle entre o 29 e o 30 de novembro un encontro no que se analizan os problemas comúns e se debaten estratexias de futuro.
ALCALDÍA
O novo conselleiro maior do Consello de Contas resalta a colaboración prestada sempre polo Concello
Con motivo da súa recente toma de posesión como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
COMERCIO
O Plan de Excelencia Comercial potenciou a Compostela como capital de compras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron os resultados do Plan de Excelencia Comercial. O PEC, asinado o 13 de novembro do 2006 entre ambas entidades, contou cun orzamento de 289.022 euros (146.238 euros achegados polo Concello, e 142.784 pola Deputación).
UMAD
A psicóloga Manuela Mateo-Morales pecha o obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas"
Ante o interese e a alta participación de pais e nais no obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas. ¿Un tema de familia?", do Programa de pais e nais para a educación, a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) preparou unha conferencia final. Encargarase da mesma Manuela Mateo-Morales Vila, psicóloga e autora do libro "¿Cómo se lo explico? Educación sexual en la infancia".
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle os Primeiros Encontros de Xogos de Rol "As catro mesas"
A Concellería de Mocidade, en colaboración co colectivo Zónula Catro, organiza os Primeiros Encontros de Xogos de Rol "As catro mesas". Trátase dunha iniciativa de promoción dun tipo de xogos que de xeito lúdico estimula a creatividade e a imaxinación. A participación é de balde.
PLENO
O Pleno aproba unha relación de 69 nomes para novas rúas e prazas
Os novos polígonos de vivendas xa ocupados e os que se irán abrindo en vindeiras datas fixeron necesario buscar unha relación de nomes cos que bautizar rúas, prazas e parques da cidade, a fin de que os veciños poidan rexistrarse e dar de alta os servizos básicos. Por este motivo e á vista das suxestións formuladas no seu día polas tres formacións políticas, o Pleno aprobou, cos votos favorables dos dous grupos municipais do Goberno e o negativo do PP, unha lista de 69 nomes proposta pola Alcaldía.
PLENO
O Museo do Pobo Galego, distinguido coa Medalla de Ouro da Cidade polos "altos servizos e atencións prestados nesta cidade"
Tal como anunciara o alcalde e logo de pasar polo Consello Asesor de Condecoracións, o Pleno municipal aprobou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da Cidade ao Museo do Pobo Galego. A distinción é "unha mostra notoria da súa gratitude e eminente recoñecemento polos altos servizos e atencións prestados nesta cidade".