BENESTAR SOCIAL
Máis de 2.200 escolares formaranse en prevención de dogrodependencias nunha nova edición de "Cinensino"
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, inaugurou a XIII edición do Programa de prevención da drogodependencia Cinensino. 300 alumnos do IES Rosalía de Castro, do CPR Santa Apolonia e do IES de Sar foron os primeiros en participar nas actividades, dos 2.250 previstos en total.
CONSORCIO
Santiago acolle unha mostra sobre "Galicia no gravado antigo"
O Consorcio de Santiago, en colaboración coa Universidade e coa Fundación Caixa Galicia, amosa no Colexio de Fonseca a que é quizais a mellor colección privada de gravados que hai sobre Galicia. Trátase de 270 gravados seleccionados dun total de máis de 800 do século XIX, dos que unha parte moi importante corresponden á cidade de Santiago de Compostela.
CULTURA
Vinte e cinco compañías exhibirán os seus espectáculos teatrais e coreográficos en Compostela
A XV Feira Galega das Artes Escénicas traerá a diversos escenarios de Compostela os espectáculos teatrais e coreográficos de 24 compañías galegas e catro procedentes de países lusófonos. Será do 23 ao 27 de outubro.
ALCALDÍA
Galicia e Cabo Verde promoven vías para o intercambio cultural e económico
Cabo Verde é o país protagonista das primeiras xornadas "Galeguía", organizadas pola Fundación Vía Galego. Este encontro nace co obxectivo de achegar aos galegos diversos aspectos dos países de fala galego-portuguesa.
COMERCIO
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio destina 91.000 euros a subvencionar ás asociacións de comerciantes
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, asinou catro convenios de subvención con representantes das asociacións de comerciantes Acotés, Compostela Monumental, Mercado de Abastos e Santiago Centro por un valor total de 91.000 euros. O obxecto da subvención é fomentar a realización de actividades, implantación de servizos e a adopción de medidas de dinamización e promoción comercial en Compostela. A través deste convenio Acotés, Compostela Monumental e Santiago...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co presidente de Asturias
Xosé A. Sánchez Bugallo, en calidade de presidente da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA) reunirase o xoves 18 co máximo mandatario do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, que acude á xuntanza como presidente da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM). Ambos líderes tratarán de atopar estratexias comúns para problemas que afectan tanto ás rexións coma ás cidades atlánticas. Entre eles, o medio ambiente, a desaparición dalgunhas actividades...
ALCALDÍA
Os alcaldes das grandes cidades galegas demandan leis que respalden as ordenanzas municipais fronte ao botellón
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, demandou en nome dos rexedores das grandes cidades galegas a adopción de leis que dean respaldo ás ordenanzas municipais para facer fronte ao problema do botellón. "As ordenanzas son a norma máis baixa no escalafón e deben sustentarse en leis que lles dean cobertura", recalcou.