CIRCULACIÓN
Cambios nos estacionamentos da zona ORA para favorecer a maior rotación de prazas
As necesidades do tráfico urbano obrigan a algúns dos aparcadoiros da zona ORA, co fin de facilitar unha maior rotación de prazas e o uso máis racional do servizo. Por este motivo, a Xunta de Goberno Local aprobou a redución do tempo de estacionamento de dúas a unha hora nas seguintes rúas e prazas: Travesía da Universidade, Fonte Seca, Praza da Universidade, Praza e Arco de Mazarelos, Algalia de Abaixo, Valle Inclán e Hospitaliño.
CULTURA
O VII Ciclo de Lied homenaxeará a Schumann, Mozart, Mussorgski e Shostakovich
Por sétimo ano consecutivo chega a Compostela o Ciclo de Lied, que se desenvolverá no Teatro Principal grazas a catro concertos e unha conferencia. Nesta edición, o evento rende homenaxe a catro autores a propósito do cumprimento de varios aniversarios. Hai 250 anos da morte de Mozart, pero tamén 150 anos da morte de Schumann, un século dende o nacemento de Shostakovich e 125 anos do falecemento de Mussorgski.
ALCALDÍA
Compostela e Venezuela estreitan lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á cónsul encargada do Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, María Jeanet Miño Rosales.
EDUCACIÓN
Os escolares composteláns volven a clase
Os nenos e nenas de Compostela reencontráronse o luns 11 cos centro de ensino, cos seus profesores e cos seus compañeiros. Como é tradicional, logo da realización do plan de obras de mantemento e reparación dos centros de ensino, a concelleira de Éducación, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita aos colexios CEIP Fontiñas, Vite e Raíña Fabiola.
CURTOCIRCUÍTO
Seleccionadas as dez micromovies da sección "Anacos" de CurtoCircuíto
O día da Gala de Clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago CurtoCircuíto’06, o 21 de outubro, coñecerase a micromovie gañadora, que será escollida de entre as dez seleccionadas polo xurado desta sección oficial denominada "Anacos". Destas dez micromovies seleccionadas, unha procede de Thailandia e a outra de Italia; as restantes, son españolas. Todas elas aspiran a levar os 2.000 euros máis o trofeo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece en Sao Paulo (Brasil) o seu primeiro concerto
A noite do 11 de setembro, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o primeiro dos dous concertos que terán lugar no Teatro de Cultura Artística de Sao Paulo, que dispón dun aforo de 1.100 localidades. O concerto forma parte da tempada Cultura Artística 2006, unha das programacións musicais máis importantes do Brasil.