EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Preto de 700 nenos percorreron as rúas compostelás en prol da solidariedade cos inmigrantes
No Día Internacional das Migracións, declarado como tal pola Asamblea das Nacións Unidas en decembro de 2000, nenos e nenas de 13 colexios composteláns percorreron varias rúas da capital de Galicia cunha pancarta sostida por rapaces de varias nacionalidades na que se podía ler "os inmigrantes veñen de moi lonxe, berra acólleos. Solidariedade".
TRANSPORTES
Apróbanse os orzamentos de TUSSA, superando por primeira vez o millón e medio de euros
Os orzamentos da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) para o 2007 veñen de ser aprobados co voto favorábel do PsdeG-PSOE e do BNG e a abstención do PP.
TRANSPORTE
Santiago renovará a flota de autobuses urbanos no 2007
No 2007, o Concello de Santiago renovará a flota do transporte urbano da cidade. Para amosar o proceso que se segue ata chegar ao vehículo definitivo, TUSSA e a empresa Castrosúa, que fabrica carrocerías para autobuses e autocares, presentaron hoxe na praza do Obradoiro un modelo do chasis que levarán os novos autobuses urbanos.
XUNTA DE GOBERNO
As festas de Nadal terán un orzamento de case 33.000 euros
A aprobación dos presupostos para as actividades que se desenvolverán durante as festas de Nadal foi un dos temas tratados na Xunta de Goberno local. En total serán 32.830 euros que se destinarán á programación de Fin de Ano e múltiples actuacións nas rúas de Santiago durante este mes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O servizo gratuíto de coidado de nenos funcionará durante o Nadal entre os días 22 e 30
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, ven de presentar a programación de Nadal da campaña Comercio compostelán para mercar e xogar, na que colaboran Compostela Monumental e Santiago Centro. Consiste nun servizo gratuito de coidado de nenas e nenos que funciona desde setembro, todos os sábados, no Pazo de Bendaña, en horario de once a duas da mañá e de cinco a oito da tarde. O último sábado utilizaron este servizo oito nenos, dous pola mañá, e catro pola tarde.