EMPREGO
Un novo programa municipal facilita a conciliación da vida familiar e laboral
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias presentou o "Programa de apoio á eliminación de barreiras para a inserción socio-laboral". O seu obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. O programa consiste na prestación de servizos eventuais e de carácter extraordinario a persoas dependentes, como levar os nenos á escola, acompañar aos maiores ao médico, coidar a un familiar enfermo, etc.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Winnie the Pooh uniuse á Olimpiada Solidaria
Con motivo do espectáculo que se desenvolverá no Multiusos de Sar do 14 ao 17 de decembro, Winnie the Pooh está en Compostela. O peculiar osiño de Disney achegouse ata o Centro Sociocultural de Vite para visitar aos nenos e nenas que están a participar na IV Olimpiada Solidaria de Estudo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Luz Castro presenta "O home definitivo" na Trisca
O Centro Sociocultural da Trisca inaugura o próximo venres 15 de decembro, ás 20:30 horas, a exposición "O home definitivo", de Luz Castro. Esta mostra estará aberta ao público ata o 22 de xaneiro. Ademais percorrerá diferentes centros socioculturais da cidade durante os vindeiros meses.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música presenta a súa orquestra
Con motivo do Nadal, a Escola Municipal de Música preparou unha serie de actividades, que pretenden dar a coñecer o traballo que se realiza neste centro. Un conto musical en colaboración co Centro Especial de Xordos, un curso de musicoterapia e un concerto da orquestra e coro do centro son os eventos programados.
EDUCACIÓN
O Nadal tamén se celebra danzando
Alumnas de catro centros educativos compostelás celebrarán o Nadal bailando sobre as táboas do Teatro Principal o luns 18 de decembro. "Nadal de Danza" é o título dun espectáculo que reflectirá o traballo realizado nesta disciplina artística, impartida como actividade extraescolar, nos colexios e institutos da cidade.
FESTAS
Actividades no Nadal para os máis pequenos
A concellaría de Festas, xunto con ACOTES e o Centro Comercial Aberto do Ensanche, realizará actividades nestes días próximos ao Nadal en distintos puntos da cidade.
CONSORCIO DE SANTIAGO
Maximino Zumalave dirixe á Real Filharmonía de Galicia nun concerto no Auditorio Nacional de Música de Madrid
A Real Filharmonía sae de Santiago para actuar o venres 15 nun senlleiro concerto en Madrid. Trátase da tradicional cita de Nadal que se enmarca na XVII edición do Ciclo de concertos da Universidad Politécnica de Madrid. Deste xeito, as festas de Nadal na capital de España collen un sabor galego, coa interpretación da obra "O mencer dos soños", do coruñés Xabier de Paz.
ALCALDÍA
Europa e Iberoamérica, unidos pola literatura
Do 14 ao 16 de decembro celébrase en Santiago o I Encontro Internacional de Escritores en Compostela: "De pedra e de palabra", organizado polo Pen Club Galicia. Máis de 50 escritores, europeos e latinoamericanos fundamentalmente, participan neste evento, que ten previsto diversos debates, recitais e espectáculos literario-musicais. Escritores como Nélida Piñón, Antonio Skármeta ou Bryce Echenique estarán entre os presentes.