CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e o Colexio de Arquitectos de Galicia colaboran na política de Rehabilitación do Casco Histórico
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, asinaron un convenio de colaboración polo que os arquitectos colexiados poderán acollerse ás bolsas destinadas a realizar diversas actuacións dentro dos programas de axuda á Rehabilitación na Cidade Histórica promovidos polo Consorcio de Santiago.
UMAD
Os mozos e mozas recibirán información sobre o consumo de drogas no seu espazo de lecer nocturno
A noite do xoves 5 os mozos e mozas terán un lugar onde se poderán informar sobre o consumo de drogas e os seus efectos. Esta iniciativa forma parte do Proxecto Creative, un programa de prevención do consumo de drogas no ocio nocturno para este curso 2006/2007.
DEPORTES
Os deportistas composteláns poden xa solicitar bolsas para a súa formación e perfeccionamento
A Fundación Compostela Deporte vén de convocar as axudas para a formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns. O seu obxectivo é apoiar a práctica deportiva e facilitar o rendemento dos deportistas con proxección da cidade para acadar a elite deportiva.
EDUCACIÓN
Compostela celebra do Día Mundial das Aves
A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, celebra o Día Internacional das Aves, o 5 de outubro, cun programa de actividades. Contribuír a unha maior sensibilización da poboación sobre o medio ambiente é o obxectivo desta iniciativa.
ALCALDÍA
Importantes avances no convenio de Bando
A reunión que mantivo o mércores 4 en Madrid o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, co Secretario de Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras e o Director Xeral de Infraestruturas de Defensa, Julián Sánchez Pingarrón, permitiu avanzar nunha solución para que os terreos de Bando pasen a ser de titularidade municipal a través dun convenio que podería firmarse a finais de ano.