CULTURA
O teatro protagoniza a oferta cultural de outubro
O mes de outubro chega cargado de teatro, con varias representacións, entre as que destaca, destaca a de "Hamelin", a premiada obra que Animalario trae ao Teatro Principal. Tampouco faltará o cine, a música ou o circo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A biblioteca de Fontiñas estrea espazo e convértese na mellor dotada da rede de centros socioculturais
O Centro Sociocultural de Fontiñas ven de estrear novo espazo para a súa biblioteca. A terceira planta do edificio acaba de reformarse para darlle cabida aos fondos bibliográficos do centro. Ata o de agora a biblioteca ocupaba de forma provisional unha estancia reducida no primeiro andar. Con este novo espazo de 250 metros cadrados, os usuarios de Fontiñas teñen á súa disposición a biblioteca mellor dotada de todas as que integran a Rede de Centros Socioculturais da cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello achega 84.000 euros ás asociacións de comerciantes das cidade
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio, representada polo seu titular, Xosé Manuel Iglesias, asinou os convenios de colaboración coas entidades asociativas do comercio da cidade: Acotés, Compostela Monumental, Mercado de Abastos e Santiago Centro. Os acordos contemplan unha liña de axudas por un total de 84.000 euros.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo salienta o compromiso coa liberdade e os valores humanos de Ramón Rubial no centenario do seu nacemento
Ata o 14 de outubro o Centro Sociocultural José Saramago, en Vite, acollerá a exposición "Ramón Rubial. 100 anos de compromiso. 1906-2006", da Fundación Rubial-Españoles en el Mundo. A mostra, que conmemora o centenario do nacemento deste obreiro e político, foi inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O Lobelle de Santiago entregoulle ao alcalde un carné honorífico
Antes do comezo do partido contra o DKV Seguros Zaragoza, o Autos Lobelle de Santiago FS entregou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, un carné honorífico do club da temporada 2006-2007, que vén de comezar.
ALCALDÍA
Alcalde e veciños confían en que as obras no Sunp-12 de Lamas de Abade se poidan iniciar en marzo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os propietarios de terreos de Lamas de Abade asinaron un convenio de colaboración urbanística cun claro obxectivo: garantir que as persoas que compraron, e que compararán, vivendas no Sunp-12, teñan suficientes garantías de que as obras previstas no polígono van saír adiante.