LINGUA
Os obradoiros de lingua do Concello invitan a reflexionar aos máis novos sobre o seu papel respecto ao galego
Un curso máis, chegan os obradoiros de lingua promovidos pola Concellaría de Política Lingüística e impartidos pola cooperativa Tagen Ata. Os cursos, cuxa primeira quenda comezará o 31 de outubro, están dirixidos a alumnos de secundaria e celebraranse no Centro Sociocultural e Xuvenil situado en Frei Rosendo Salvado, 14-16.
CULTURA
Dúas novas oportunidades para ver "Esperando a Godot"
Talía Teatro regresa a Compostela con "Esperando a Godot",de Samuel Beckett tralo paso en maio nunha función benéfica para o Comité de Solidariedade con América Latina. Os que non puideron asistir daquela teñen dúas novas oportunidades, o xoves 26 e o venres 27, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Os serenos volverán ás rúas compostelás
A Fundación Santiago Centro ultima a súa iniciativa de recuperar a figura dos serenos para a zona do Ensanche. Para iso vai tomar como modelo o da cidade de Xixón, onde este servizo funciona dende 1999, baixo a dirección da Agrupación de Sociedades Asturianas de Traballo Asociado (ASATA). Os representantes desta entidade, acompañados da asociación comercial compostelá, pasaron por Raxoi, onde lle explicaron ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, esta iniciativa.
CONSORCIO
Sánchez Bugallo anuncia "actuacións significativas" na cidade por parte do Consorcio para o período 2007-2010
O Consorcio de Santiago celebrou a reunión da súa Comisión Executiva, na que se presentou o Plan de actuacións 2007-2010. Malia que non quiso adiantar o seu contido, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o programa "vai producir satisfacción na cidadanía, porque contén actuacións realmente significativas".