EXPOSICIÓN
A mostra "O debuxo por diante" porá en valor o debuxo como manifestación artística
O Proxecto Debuxo amosará, dende o 13 de marzo ao 29 de abril de 2007, un aspecto da produción cultural e artística pouco coñecida e valorada, pero que é central na práctica artística. Farao a través dunha gran mostra, "O debuxo por diante. A obra gráfica nas coleccións públicas da cidade", que se realizará simultaneamente nas salas da Fundación-Museo Eugenio Granell, da Universidade de Santiago, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e do Auditorio de Galicia.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación de Veciños da Barciela
A nova directiva da Asociación de Veciños da Barciela vén de tomar posesión e quixo manter o seu primeiro contacto co alcalde compostelán Xosé. A. Sánchez Bugallo, que os recibiu en Raxoi.
CURTOCIRCUÍTO
Ábrese o I Mercado Internacional da Curtametraxe de Santiago de Compostela
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá, o xoves 19, a presentación do I Mercado Internacional da Curtametraxe de Santiago de Compostela. A súa finalidade é ofrecer un novo punto de encontro que favoreza a difusión da curtametraxe en tódalas súas variantes.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte convoca axudas para clubs federados
Axudar aos clubs de Santiago na súa tarefa a prol do deporte de base da cidade é o obxectivo das axudas que para os mesmos convoca a Fundación Compostela Deporte. Ademais, pretenden contribuír á elaboración dun censo dos deportistas do Concello de Santiago e a mellorar a xestión das entidades deportivas, grazas ás axudas para gastos de desprazamento a competicións oficiais e pola compra de material. A dotación total destas axudas é de 100.000 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Enjabonarte, primeiro premio na edición de outono do concurso de escaparatismo
O comercio Enjabonarte foi o gañador da edición de outono do concurso de escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio. Enjabonarte dedícase á venda de xabón natural en porcións, e está situado na rúa Bautizados, no casco histórico da cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A tenda de moda xuvenil Zürich-SCQ gaña a primeira edición do concurso Imaxinación máis Comercio
A tenda de roupa Zürich-SCQ, situada na rúa do Vilar, foi o establecemento gañador da primeira edición do concurso Imaxinación máis Comercio (I+C), convocado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio.
ALCALDÍA
Os inspectores de Facenda reúnense en Compostela
Do 18 ao 20 de outubro, Santiago de Compostela acolle o XVI Congreso da Organización Profesional de Inspectores de Facenda do Estado. No marco do programa deste evento, os participantes pasaron polo Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
FILHARMONÍA
A representación de "As vodas de Fígaro" concita o recoñecemento unánime do público
Con motivo do 250 aniversario do nacemento de Mozart, o Auditorio de Galicia acolleu a posta en escena da ópera "As vodas de Fígaro", coa música da Filharmonía e Ros Marbá na batuta. Foi unha noite de aplausos e recoñecemento para unha obra que concitou grande expectación. Non faltou á cita o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, nin o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.