EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dá a coñecer a súa oferta
Co inicio do novo curso, a Escola Municipal de Música realiza unha campaña para dar a coñecer aos rapaces da cidade a oferta do centro e animar a máis matriculacións. Por este motivo, durante a semana vindeira, haberá unha serie de pequenos concertos nos institutos de educación secundaria e nos centros de primaria.
TRANSPORTE
Renóvanse vinte novas marquesiñas no rural
A empresa TUSSA continúa coa renovación dun total de sesenta marquesiñas nas zonas rurais de Santiago de Compostela, a razón de vinte marquesiñas por ano. As vinte estreadas agora súmanse ás vinte do pasado ano. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na colocación da primeira destas marquesiñas en Escarabuñas, na Gracia.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local de Santiago resolve en 48 horas o caso do condutor temerario
Un vehículo alugado provocou unha situación de perigo o pasado domingo na cidade ao conducir a grande velocidade por varias rúas compostelás, danando o mobiliario urbano e atravesando beirarrúas e zonas de paso peonil. O corpo da Policía local de Santiago conseguiu resolver o caso en 48 horas, identificando ao condutor do vehículo e pechando as dilixencias oportunas, que están agora en mans da Xustiza.