EDUCACIÓN
Un curso formará ao persoal dos servizos de seguridade sobre comportamentos ante os accidentes viarios
A Asociación Stop Accidentes e a Concellería de Educación realizarán o martes 17 de xuño un Curso de formación en intervención psicosocial con vítimas da violencia viaria. A sesión, que de desenvolverá no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, está dirixido ao persoal dos servizos de seguridade: Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella, Urxencias Sanitarias de Galicia, Policía Nacional e outros profesionais interesados.
TRANSPORTES
Os consorcios de transporte, a debate nunhas xornadas técnicas
O Concello e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), organizan as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano. Celébranse os días 12 e 13 de xuño baixo o lema "Os consorcios de transporte, o novo escenario".
SEGURIDADE CIDADÁ
Compostela reúne a destacados expertos internacionais nos incendios en cascos históricos
Os días 11 e 12 de xuño, o Auditorio de Galicia, acolle as II Xornadas Técnicas sobre Incendios en Cascos Históricos. Este encontro trae a Santiago a distintos especialistas internacionais nesta materia.
ALCALDÍA
A revista "Capital" premia ao Consorcio pola súa contribución ao desenvolvemento da cidade
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega dos premios outorgados pola revista Capital. O Consorcio da Cidade de Santiago foi premiado na categoría de institucións.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Verán abre as súas portas por sétima vez
Unha vez que remate o curso escolar, o Concello volve a poñer en marcha a Escola Municipal de Verán, do 23 ao 27 de xuño e do 1 ao 5 de setembro. As familias poden así dispor dunha oferta educativa e de lecer nestas datas, que ademais rendibiliza os equipamentos escolares.
UMAD
O Concello pon en marcha un novidoso programa preventivo destinado a familias con nenos con condutas problemáticas
"En busca do tesouro das familias" é o título dun novidoso programa que porá en marcha a Unidade Municial de Atención a Drogodependentes (UMAD) no último trimestre do ano. Esta actividade forma parte dos programas previstos pola Concellería de Benestar Social e Muller e incluídos no convenio que o Concello vén asinando coa Consellería de Sanidade dende o ano 1998.
MERCADOS
O xoves 12 non haberá mercado en Salgueiriños
Con motivo das tarefas de repintado da nova ubicación do mercado de Salgueiriños, o xoves 12 de xuño non se celebrará esta feira. Para o xoves 19, os 243 postos do mercado xa funcionarán normalmente no seu novo destino, na explanada contigua dedicada a aparcadoiro de autobuses.
MEDIO AMBIENTE
Sorteo das hortas municipais do Parque de Belvís
O mécores 11 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural da Trisca, sortearanse publicamente as hortas de Belvís logo de que unha comisión, presidida por Elvira Cienfuegos, avaliara todas as solicitudes.
DEPORTES
Máis de 400 equipos participarán na Compostela Cup do Camiño 2008
A Fundación Compostela Deporte presentou esta mañá a Fase Final Internacional da Compostela Cup do Camiño 2008, que se disputará entre os días 14 de xuño e 6 de xullo. Están inscritos máis de 400 equipos e haberá máis dun milleiro de partidos e probas.
ALCALDÍA
O alcalde clarifica en Madrid a xestión dos proxectos cos ministerios de Defensa e Fomento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo dúas xuntanzas nos Ministerios de Defensa e de Fomento co obxecto de axilizar unha serie de temas sobre os que vén traballando o Concello en relación con ambos os dous organismos.