PLENO
Case 78.000 electores están chamados ás urnas en Santiago o 7 de xuño
O Pleno municipal, en sesión extraordinaria e mediante sorteo público, elixiu aos titulares e reservas das 117 mesas electorais nas que os cidadáns depositarán o voto o 7 de xuño. Un total de 77.950 electores están chamados ás urnas en Compostela.
DEPORTES
Aberta unha nova edición do Concurso de Fotografía Deportiva
A Concellería de Deportes pon en marcha o XIII Concurso de Fotografía Deportiva. Este certame premia as mellores fotografías sobre temas deportivos e relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva, non necesariamente competitiva. Repartiranse máis de 2.000 euros en premios.
CULTURA, CIDADE HISTÓRICA E MEDIO AMBIENTE
"A revolta das letras", unha conspiración de actividades en prol da lingua galega
As Concellarías de Cultura, Cidade Histórica e Medio Ambiente poñen en marcha "A revolta das letras", un novidoso e peculiar programa de actividades arredor da lingua galega. Celebrarase o sábado 16 de maio en distintos espazos da cidade.
CONSORCIO
Comeza a III edición do "Compostela Organum Festival" na igrexa das Ánimas
Tras o éxito da segunda edición do Compostela Organum Festival, celebrado en 2008, o Consorcio e a Asociación Musical Berenguela puxeron en marcha un novo ciclo do Festival na súa edición de primavera. Será os días 9, 15, 23 e 30 de maio nas igrexas da Universidade e Ánimas, así como na igrexa conventual de Santa Clara.
EDUCACIÓN
Cinco mil rapaces inundaron as rúas de Compostela nunha nova edición de Correlingua
Celebrouse unha nova edición de Correlingua, que tivo como punto de partida e remate a Alameda de Santiago. Na meta, a concelleira accidental de Normalización Lingüística, Mercedes Rosón, recibiu os participantes, xunto cos demais organizadores do evento.
EMPREGO
O Servizo de Orientación Laboral da Concellaría de Promoción Económica atendeu a 625 persoas no último ano
O Servizo de Orientación Laboral da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu no último ano a 625 persoas. Os datos están recollidos na Memoria de actividades que abarca dende o 1 de abril de 2008 ao 30 de marzo de 2009.
MOBILIDADE E INFRAESTRUTURAS
A rúa San Pedro de Mezonzo pechará ao tráfico durante dúas tardes por mor das obras do Hórreo
As obras do túnel do Hórreo obrigarán a pechar ao tráfico a rúa San Pedro de Mezonzo nas tardes do martes 12 e do mércores 13. O corte producirase entre as 16:00 e as 20:00 horas, en ambas xornadas, no tramo comprendido entre o Hórreo e a rúa da Rosa.
XUVENTUDE
Nenos e adolescentes poden aprender a utilizar internet de forma segura nunha singular embarcación
O parque da Alameda acolleu a presentación do espazo escénico Brúxula e a inauguración deste proxecto. O seu obxectivo é que nos nenos e adolescentes de Galicia coñezan os riscos de internet, como actuar ante eles e como utilizar internet dunha forma segura.
ALCALDÍA
O alcalde departe con emigrantes galegos de Montevideo
Na súa última xornada institucional en Montevideo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi recibido pola embaixadora de España en Uruguai, Aurora Díaz-Rato, e polo intendente municipal de Montevideo, Ricardo Ehrlich.
BENESTAR SOCIAL
Os composteláns xa poden intercambiar os seus servizos e coñecementos no Banco Municipal do Tempo
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social e Muller, pon en marcha o Banco Municipal do Tempo. Esta iniciativa promove o intercambio de servizos, actividades e coñecementos entre a poboación.