CONSORCIO

O Consorcio de Santiago concede 18 axudas para mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica

11/09/2019

O Consorcio de Santiago resolveu a convocatoria de axudas do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE

A cidade acolle este sábado a I Andaina Solidaria Asotrame

10/09/2019

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, a I Andaina "Asotrame fai o Camiño", organizada pola Asociación Galega de Transplantados de Medula (Asotrame) coa colaboración do Concello de Santiago. A proba arrincará no Monte do Gozo (monumento de Xoán Paulo II) ás 10:30 horas e chegará á praza do Obradoiro despois de percorrer 5 quilómetros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Ciclo de Lied celebra o seu vixésimo aniversario percorrendo a historia do xénero dende Schubert

10/09/2019

O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, celebra neste 2019 o seu vixésimo aniversario. Para conmemorar a efeméride, o Ciclo fará un percorrido pola historia do xénero, tomando como punto de partida as creacións de autores como Schubert ou Beethoven, ao longo do mes de setembro, con tres recitais que se celebrarán os días 18, 23 e 25.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Conxo celebra dende este martes a XXXIII edición da súa Semana Cultural

09/09/2019

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a edición número 33 da Semana Cultural de Conxo, que se celebra dende este martes 10 ata o sábado 14 de setembro. Xogos, obradoiros, charlas, teatro, música e moito máis para un evento lúdico e de encontro plenamente consolidado na oferta sociocultural de Compostela.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A rúa de Clara Campoamor terá un carril reservado para autobuses e taxis

09/09/2019

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto modificado de reurbanización de Clara Campoamor. A intervención permitirá adaptar este vieiro para facilitar o acceso á terminal de autobuses integrada na futura estación intermodal. Afectará a un tramo cunha lonxitude de 800 metros e parte dos terreos adxacentes, cunha superficie total aproximada de 19.000 metros cadrados. O orzamento máximo desta obra é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses.

Leer más
Compartir: