CULTURA
Máis espectáculos repartidos por toda a cidade nunha nova xornada de Compostela Máxica
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo terá o xoves 17 de abril unha das súas xornadas máis completa. Serán 13 os diferentes espectáculos que se poderán desfrutar por todo Santiago, incluíndo dúas galas familiares no Teatro Principal.
CULTURA
Michael Nyman volve a Compostela coa sua banda
Despois do éxito das súas dúas anteriores presenzas en Santiago, en 2000 e 2004, Michael Nyman volve a ofrecer un concerto en Santiago, desta man acompañado da súa banda. Será no Multiusos Fontes do Sar, o venres 16 de maio ás 22:00 horas, nunha actuación para un aforo de 2.500 persoas.
CULTURA
Loli Nogueira substitúe a S.A.R no II Ciclo Revelando Voces
O mércores 16 de abril, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural da Trisca, terá lugar a actuación de Loli Nogueira dentro do Ciclo Revelando Voces. en substitución do grupo S.A.R.
EMPREGO
Promoción Económica selecciona a persoas desempregadas para os cursos do Plan FIP
A Concellaría de Promoción Económica , Emprego, Comercio e Turismo levará a cabo entre o 21 e o 24 de abril, no local situado na Rúa Hórreo, 100, o proceso de selección de alumnos para os cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional). Son cantería, xardinería, carpintería e fontanería.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza cos integrantes da Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha.
ALCALDÍA
O tenente xeneral Juan Yagüe agradece a acollida de Santiago nos seus anos ao fronte da Forza Loxística Operativa do Noroeste
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao xeneral xefe da Forza Loxística Operativa do Noroeste, Juan Yagüe Martínez del Campo, que o 17 de abril pasará á reserva. Este agradeceu a colaboración do rexedor compostelán nos seus anos ao fronte desta unidade e a acollida dos composteláns neste tempo.
EDUCACIÓN E INFRAESTRUTURAS
Adxudicadas as obras da Aula de Coñecemento do Medio Rural da Portela (Figueiras)
O Goberno local adxudicou as obras de reforma e ampliación da antiga escola rural da Portela (Figueiras), para destinala a Aula de Coñecemento do Medio Rural. O orzamento é de 389.420 euros e o prazo de execución de tres meses e medio.
EDUCACIÓN
Ábrense os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música. O primeiro prazo é o da reserva dos alumnos actuais, que irá do 21 de abril ao 9 de maio.
URBANISMO
Obras de urbanización en Santas Mariñas por algo máis dun millón de euros
A unidade de xestión 16 de Santas Mariñas, entre a rúa Picaños e a propia rúa de Santas Mariñas, será urbanizada nun prazo de catro meses e por un importe de 1.046.820 euros. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa última xuntanza.
CIDADE HISTÓRICA
O Concello inicia a modificación puntual do Plan Especial para as sedes do Museo de Santiago e do auditorio de Caixanova
O Goberno local iniciou o procedemento para modificar puntual mente o Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica, co obxecto de adaptar ao mesmo o que serán as novas sedes do Museo das Peregrinacións e do Centro Sociocultural Caixanova, na antiga sede do Banco de España e no edificio do Pilar, respectivamente.