XUVENTUDE
A Concellaría de Xuventude e a Escola Don Bosco fomentarán un servizo de voluntariado no Xacobeo 2010
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, e o director da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron a renovación dun convenio de colaboración para traballar conxuntamente en materia de promoción do programa europeo Xuventude en Acción.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
As Cidades Patrimonio medirán os seus parámetros medioambientais
Alcalá de Henares acolleu a Asemblea Ordinaria do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade. Entre outros asuntos, acordouse que unha empresa medirá os principais parámetros medioambientais das cidades.
CONSORCIO
Un estudo revela que os Fogos do Apóstolo non afectan á pedra da Catedral
Un estudo encargado polo Consorcio e realizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade Politécnica de Madrid, a través da súa cátedra de Petroloxía, desvela que os fogos do Apóstolo non afectan na súa estrutura actual á pedra da Catedral de Santiago. Esta conclusión foi presentada nunha rolda de prensa na que tamén se falou dos fogos de 2009 e da historia deste evento.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase a contratación das obras de reurbanización do tramo Galeras-Vista Alegre e da avenida de Castelao
A Xunta de Goberno aprobou os proxectos e iniciou o proceso de contratación de dúas das obras incluídas no chamado convenio de travesías, que permitirá reurbanizar os accesos á cidade. Trátase neste caso do proxecto do tramo das ruas Galeras, Salvadas e Vista Alegre, e da avenida de Castelao.
SEGURIDADE CIDADÁ
O sábado 13 remata o prazo para solicitar o permiso de realización de cacharelas
As solicitudes de permiso para a realización de cacharelas remata o sábado 13 de xuño ás 14:00 horas. Estas autorizacións poden solicitarse a través do enlace disposto nesta mesma páxina web.
ALCALDÍA
Villestro viviu a súa XIV Romaría do Deporte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu un ano máis á Romaría do Deporte de Villestro, que en 2009 chegou á súa XIV edición. Unha vez máis, o campo de fútbol da Barrosa acolleu unha xornada con competicións deportivas para todas as idades, actividades complementarias e un xantar.
ALCALDÍA
O ministro de Fomento visitará Santiago para dar inicio ás obras da nova terminal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o ministro de Fomento, José Blanco, estará en Santiago neste mes de xuño para dar inicio ás obras da nova terminal de Lavacolla. Os contactos co ministro non quedan aí, xa que o luns 8, Sánchez Bugallo reunirase con el no Ministerio para falar do AVE.
COMERCIO
Os comercios gañadores da edición de primavera do Concurso de Escaparatismo recibiron as súas bandas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na edición de primavera do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: Tokonoma Iluminación, Xoguetería Vagalume, e Xocoátel.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao embaixador australiano
O embaixador de Australia en España, Noel Campbell, mantivo un encontro en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
DEPORTES
Unha imaxe sobre a superación e o espírito deportivo gaña o XIII Concurso de Fotografía Deportiva
Unha fotografía titulada Espíritu deportivo II, presentada por José Vicente López, foi a gañadora do XIII Concurso de Fotografía Deportiva. Nesta edición do certame concursaron 75 fotografías.