IGUALDADE

Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas neste 25N e pide a implicación da cidadanía

14/11/2019

A poucos días do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago faise un chamamento á participación de toda a cidadanía na campaña Compostela en Negro, que volverá tinguir a cidade de negro para denunciar a problemática das violencias machistas. En Compostela haberá unha acción específica este ano dirixida ao tecido empresarial compostelán coa colaboración da Asociación Empresarial do Polígono...

Leer más

TURISMO

Arrincou a XII edición de Santiago(é)Tapas

14/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e outros/as integrantes da Corporación asistiron este venres no Restaurante TS A Casa ao comezo da XII edición do Santiago(é)Tapas e da I edición do Santiago(é)Coctel. Un total de 77 locais – a cifra máis alta dende que comezou o concurso – competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local resolve a convocatoria das bolsas de comedor

13/11/2019

Nunha sesión extraordinaria celebrada este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2019/2020.

Leer más
Compartir: