CULTURA

Aerolíneas Federales,un dos regresos máis esperados do ano, no Compostela Rock

16/04/2012

Aerolíneas Federales dará o seu concerto presentación en Galicia o xoves 19 de abril, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, dentro do Compostela Rock, no que é un dos regresos máis esperados do ano. Así o anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Miguel Costas, Silvino Díaz e Coral Alonso, integrantes do grupo.

Leer más

PREMIO

Recoñecemento gastronómico para a cidade

16/04/2012

O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, recolleu o premio Restauradores á cidade de Santiago, outorgado pola revista do mesmo nome. No acto, celebrado no restaurante La Tacita de Juan, tamén se presentou a XX edición do anuario Especial Gastronomía.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nove equipos participaron no Auditorio na fase comarcal do Club de Debate

14/04/2012

Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema "¿Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?". Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.

Leer más

EDUCACIÓN

V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados: veredicto do xurado

14/04/2012

O xurado acordou conceder por unanimidade o V Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados á obra de David Daniel Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido, de México, presentada baixo o lema "Parvada". O galardón, cunha dotación de 9.000 euros, comporta a publicación do libro en castelán, galego, catalán, éuscaro e portugués.

Leer más

EDUCACIÓN

"Parvada", dos mexicanos David Daniel Álvarez e Julia Díaz, gaña o V Premio Internacional de Álbums Ilustrados

13/04/2012

O xurado do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado Parvada, de David Daniel Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido (México) coma o gañador desta edición. Nesta quinta convocatoria do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XII Campaña de Animación á Lectura, participaron 256 traballos de 19 países.

Leer más

COMERCIO

Fallados os premios do comercio compostelán nas súas seis categorías

12/04/2012

O edificio municipal Cersia acolleu a reunión do xurado dos Premios do Comercio Compostelán. O xurado estaba composto por representantes do Concello, as Asociacións Comerciais, a Cámara de Comercio, a Asociación de Consumidores e o Mercado de Abastos, que foron os encargados de seleccionar os gañadores nas categorías de: Comercio 2.0, Comercio Innovación, Comercio Emprega e Comercio Veterano. Os gañadores de Comercio de Barrio e Comercio Agarimo elixíronse por votación popular a través de Internet.

Leer más
Compartir: