TURISMO

Técnicos de Tanabe coñecen o funcionamento da oficina de información turística de Santiago

21/01/2014

Técnicos de Turismo de Santiago reuníronse con técnicos de Turismo de Tanabe na sede da empresa municipal de promoción turística, na rúa do Vilar. A xuntanza xirou en torno a dúas temáticas: por unha banda, a concreción das diferentes actividades de promoción que se levarán a cabo nos vindeiros meses, seguindo as liñas marcadas polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e os representantes políticos da cidade nipona, reunidos este luns no Pazo de Raxoi; e por outra, nun intercambio de...

Leer más

TURISMO

Área Santiago quere converter a pesca deportiva nun atractivo turístico da zona

20/01/2014

Os técnicos do grupo Área Santiago mantiveron no edificio Cersia unha xuntanza na que participou o escritor e xornalista Miguel Piñeiro, un dos mellores expertos de Galicia na pesca deportiva e os seus vínculos co turismo. A participación de Miguel Piñeiro foi suxerida polo Concello de Melide, co obxectivo de continuar desenvolvendo un proxecto turístico centrado nos recursos cos que conta a zona para a pesca deportiva.

Leer más

ORZAMENTOS

O Concello presenta un orzamento dinamizador que aposta polos servizos sociais, o investimento e a baixada de impostos

20/01/2014

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, presentou o orzamento municipal de 2014, que prevé ingresos e gastos polo mesmo importe 100.941.779 euros. Trátase pois dunhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Novas charlas da Policía Local para maiores

20/01/2014

Este mes de xaneiro continúan as charlas dedicadas á seguridade dos peóns das zonas rurais de Compostela, enmarcadas na campaña "Mira que te miren", tras as realizadas en Figueiras e Marantes. A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidadá fará posible novas sesións informativas en Laraño, Villestro e A Peregrina.

Leer más

XUVENTUDE

Arranca o proxecto Compostela Actúa

20/01/2014

Co obxectivo de dinamizar o movemento artístico e musical entre a cidadanía de Compostela, a Concellería de Xuventude pon en marcha o proxecto Compostela Actúa, que contará nos seus inicios con tres vertentes: grupo de teatro, grupo coral e grupo instrumental. Preto de 50 mozos participan no programa, tras ser escollidos entre os máis de 100 presentados aos castings.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Multiúsos do Sar acolleu unha festa solidaria a prol do Banco de Alimentos

19/01/2014

A Concellería de Benestar Social e o Multiúsos Fontes do Sar organizaron un evento con fins benéficos no que ás actividades infantís do Multixogo se sumou unha maratón extraordinaria de zumba para toda a familia. Para acceder á festa solidaria tan só era preciso realizar na entrada ao recinto unha achega dun quilo de alimentos (non caducados, que non superaran a data de consumo preferente, e debidamente etiquetados). Finalmente participaron 300 persoas e xuntáronse 500 quilos de alimentos, que irán destinados ao Banco de...

Leer más

TURISMO

Homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla

18/01/2014

O Museo do Pobo Galego acolleu un acto de homenaxe aos veciños das parroquias onde celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, que en setembro do ano pasado recibiu a declaración de Festa de Interese Turística por parte da Xunta de Galicia. O acto estivo organizado conxuntamente polos oito concellos onde ten lugar o Entroido dos Xenerais da Ulla: A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros participaron na cerimonia.

Leer más
Compartir: