EDUCACIÓN

Ábrese un prazo do 15 ao 25 de xuño para a preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2015-2016

12/06/2015

Do 15 ao 25 de xuño estará aberto o prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de infantil e primaria do Concello de Santiago para o curso 2015-2016. Os centros que disporán deste servizo son: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e CEIP Arquitecto Casas Novoa, neste último caso só o servizo de madrugadores.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca o labor benéfico e asistencial da delegación compostelá da Asociación Española contra o Cancro

12/06/2015

O alcalde de Santiago en funcións asistiu no Palacio de Congresos á gala benéfica da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro. Agustín Hernández destacou "a forza e o poder de convocatoria desta organización", así como a "a implicación da sociedade da área de Compostela para colaborar co seu labor benéfico e asistencial".

Leer más

CULTURA

Carmen Boza presenta o seu novo traballo dentro do ciclo Íntimo & Acústico

11/06/2015

A gaditana Carmen Boza estará este venres en Compostela para presentar o seu novo traballo, La mansión de los espejos. Será no Salón Teatro a partir das 21:00 horas e enmarcado dentro do ciclo Íntimo & Acústico. As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 € o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, o día do concerto, dende dúas horas antes de que comece, tamén se...

Leer más

ALCALDÍA

Hernández destaca o esforzo realizado para "resolver os problemas cotiáns dos cidadáns, desbloquear cuestións pendentes e perfilar novos proxectos para Santiago"

11/06/2015

O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, fixo balance dos seus 11 meses á fronte da xestión municipal, a penas dous días antes da toma de posesión da nova Corporación. Cualificou este período como "proveitoso" para a cidade, resaltando o esforzo realizado para "resolver os problemas cotiáns dos cidadáns, desbloquear cuestións pendentes e perfilar novos proxectos para Santiago de Compostela".

Leer más

COMERCIO

O Concello edita unha guía para fomentar o asociacionismo e a colaboración comercial

11/06/2015

A Concellería de Comercio vén de editar unha guía para incentivar o asociacionismo e a colaboración como vías para dinamizar o pequeno comercio. A guía, titulada Dinamización comercial. Boas prácticas e modelos de colaboración entre comerciantes, elaborouse dentro das actividades de dinamización do pequeno comercio do proxecto Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Leer más

EDUCACIÓN

Representada a obra de primaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros

10/06/2015

Este mércores representouse no Teatro Principal a obra premiada de educación primaria do XX Certame de Teatro Intercentros, realizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela. Escenificouse a obra Extraescolar, do grupo de teatro do Colexio San Jorge.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais

10/06/2015

Este sábado 13 de xuño continúan as representacións dos clubs de teatro dos centros socioculturais na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, no marco da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado. Serán tres os clubs que pasen nesta xornada polo escenario. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Leer más
Compartir: