DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello de Santiago únese á campaña "Quere o teu mercado" para promocionar o atractivo da Praza de Abastos
O Concello de Santiago adheriuse á campaña Quere o teu mercado, o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, prazas de abastos e federacións e asociacións de comerciantes.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Compostela "Mi relación con la comida", de Angélica Liddell, protagonizada por Esperanza Pedreño
Premio SGAE de teatro 2004, e Premio do Público na última edición da Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca, Mi relación con la comida é un lúcido manifesto artístico e un visionario diagnóstico "da mentira de España" de Angélica Liddell. Poderemos velo en Compostela este xoves e de novo o venres, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, protagonizado por Esperanza Pedreño.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago organiza uns talleres para que a cidadanía mellore a xestión da enerxía nas súas vivendas
O Consorcio de Santiago vai celebrar a vindeira semana varios talleres da enerxía dirixidos aos cidadáns, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste proxecto, xunto con institucións, axencias de investigación, universidades e empresas de toda Europa.
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
Compostela lembra a Manuel María
O Concello de Santiago sumouse este 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. A lembranza arrancou esta mañá cun acto na rúa que leva o seu nome no barrio de Salgueiriños. No seu transcurso actuou a Banda Municipal de Música e houbo un recital poético a cargo da veciñanza da propia rúa.
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
Poesía e música para homenaxear a Manuel María no Día das Letras Galegas
O Concello de Santiago sumarase mañá martes, 17 de maio, á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. Será a través dun recital poético, dun concerto especial da Banda Municipal de Música e dun paseo-recital dende a praza do Obradoiro ata San Martiño Pinario. Ademais, segue aberto o concurso #fotolingua.
ACCIÓN CULTURAL
"Smart" clown de Antón Coucheiro
Smart clown ou como un teléfono intelixente pode converterte nun idiota. É unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Onde a óptica absurda do clown entra de cheo na era dixital. Unha sátira social sobre o noso comportamento fronte a tecnoloxía. Este mércores 18 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
ACCIÓN CULTURAL
Branca Novoneyra presenta as bases para cubrir a dirección-xerencia do Auditorio
A concelleira de Acción Cultural deu conta hoxe das bases da convocatoria para a provisión do posto de dirección-xerencia do Auditorio, despois da súa aprobación o pasado venres na Xunta de Goberno. Branca Novoneyra explicou que as súas características foron faladas co tecido cultural, e incidiu no seu convencemento de que "este proceso debe ser participado, transparente, e ter en conta a realidade cultural de Compostela".
MEDIO RURAL
O Concello comezará en xuño as rozas na rede viaria e nas fincas municipais
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio, no próximo mes de xuño, dos traballos de rozas nos viarios e parcelas municipais. Rafael Peña lembrou que a Xunta de Goberno aprobou hai uns días a apertura do procedemento de adxudicación do servizo, mediante procedemento aberto e por un importe total de 220.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio celebra o Día das Letras coa entrega de libros en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o 17 de maio
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este martes, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
CONSORCIO
Remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.