ALCALDÍA
A veciñanza do rural sur exponlle as súas demandas ao Goberno nun novo "Encontro ao vivo"
O Goberno local mantivo hoxe un novo "Encontro ao vivo" coa veciñanza da zona rural sur, que inclúe as parroquias de Roxos, Laraño, Villestro, A Rocha e San Paio. Á reunión, celebrada no Centro Sociocultural de Villestro, acudiron máis de 60 veciños e veciñas deste ámbito.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As agrupacións da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza das Praterías con motivo das Letras Galegas
Este sábado celebrouse na praza das Praterías o concerto que, con motivo das Letras Galegas 2017, prepararon nos últimos meses varias agrupacións da Escola Municipal de Música: o Coro de Adultos, coa súa directora Simona Kantcheva; a Banda de Música, da que é director Óscar Fernández, e a Agrupación de Música Tradicional, co seu director, Pablo Pascual, á fronte. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu ao concerto.
ALCALDÍA
Novo "Encontro ao vivo" coa veciñanza da zona rural sur
Este sábado 19 de maio, os "Encontros ao vivo" chegan ás parroquias do rural sur e os veciños e veciñas desa área poderán trasladar as súas queixas e inquedanzas ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, como ao resto do Goberno local. A cita é a partir das 11:30 horas no Centro Sociocultural de Villestro.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicados dous novos paquetes de obras de mellora da pavimentación nos viarios do rural
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe dous novos contratos de obras de mellora de pavimentación de viarios en varias parroquias do rural, que suporán un investimento total de case 200.000 euros. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que se trata de actuacións "financiadas con cargo ás achegas da Deputación da Coruña, dentro do compromiso do Goberno de destinar á zona rural a totalidade desas partidas provinciais".
ACCIÓN CULTURAL
Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos ofrecerán un concerto conxunto no Teatro Principal
Nova entrega do ciclo Compostela Conversa, que busca fomentar a promoción do novo talento e a reflexión sobre a escena actual, dando voz aos artistas máis alá da actuación musical. Desta vez serán Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos os que ofrecerán un concerto conxunto no Teatro Principal afondando na influencia do Maio dende 1975 ata hoxe. Será o domingo 21 ás 20:00 horas.
ACCIÓN CULTURAL
Raúl Bermúdez presenta "IlustraDots volume 2"
IlustraDots participa na mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), que permanece aberta no Auditorio de Galicia ata o 25 de xuño. O colectivo presenta un mural que mostra o traballo de gran parte dos 100 artistas galegos que forman parte do proxecto.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E POLÍTICAS SOCIAIS
O edificio municipal Cersia abre os seus espazos ao tecido económico e empresarial de Santiago
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou, a proposta das concelleiras de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, as normas de uso dos Espazos do Cersia Empresa de xeito gratuíto, así como a instancia modelo de solicitude dos mesmos.
ALCALDÍA
As festas da Ascensión protagonizan o cupón da ONCE do 25 de maio
O salón amarelo do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do cupón que a ONCE venderá o vindeiro xoves 25 de maio en todo o territorio do Estado. Na presentación estiveron o alcalde, Martiño Noriega; o delegado territorial da entidade, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde anuncia a posibilidade de trasladar a EMM ás instalacións da Escola de Altos Estudos Musicais, en Vista Alegre
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, vén de anunciar na rolda de prensa da Xunta de Goberno que o Executivo local atopou unha solución para o traslado da Escola Municipal de Música, dando cumprimento así a un acordo plenario que instaba a atopar unha solución aos problemas de espazo existentes no CEIP Apóstolo Santiago.
ALCALDÍA
Os "Labirintos líricos" das Cidades Patrimonio chegan á praza da Quintana
Este venres quedou instalada, na praza da Quintana, a composición artística Labirintos líricos, promovida polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e desenvolvida polo colectivo Boa Mistura. A peza foi presentada nun acto no que participaron o alcalde, Martiño Noriega, e o arquitecto responsable da instalación Pablo García, e ao que non puido asistir María do Cebreiro, autora do verso integrado na composición.