BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago recibe un novo premio polo seu labor en apoio ás persoas con discapacidade
A concelleira de Benestar Social en funcións, Adelaida Negreira, recollerá en Madrid o venres 15, ás 21.30 horas, o Premio Cocemfe, galardón que outorga a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica
O 15 de xuño comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica, incluído no Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) que imparte a Concellaría de Promoción Económica e Emprego. O curso consta de 355 horas lectivas. Conta con seis módulos propiamente formativos, Replanteo da instalación, Colectores solares térmicos, Radiación solar, Circuíto primario, Circuíto Secundario e Control, operación e mantemento; e dous módulos transversais, Formación para...
URBANISMO
Remata o expediente de expropiación do Sup-7 de Pontepedriña
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, Emuvissa, aprobou na sesión ordinaria do seu Consello de Administración, as bases de mutuo acordo de expropiación de terreos ubicados no ámbito do Plan de Sectorización do Sup-7 de Pontepedriña II cos dous últimos propietarios. Complétase deste xeito o expediente de expropiación deste solo.
AUDITORIO
O violín de Zimmermann pecha a temporada 2006/2007 da Real Filharmonía de Galicia
O xoves 14 de xuño, no Auditorio de Galicia, clausúrase a temporada 2006/2007, coa batuta de Ros Marbà e o violín de Frank Peter Zimmermann. Este virtuoso do violín converteuse en indiscutible cabeza visible da escola alemá, e nun dos violinistas máis recoñecidos do panorama musical.
DEPORTES
O Cidade de Santiago celebrou en Raxoi o seu ascenso á Terceira División
Xogadores, técnicos e directivos do Cidade de Santiago foron recibidos polo alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, e por parte da Corporación. O acto serviu para recoñecer o ascenso deste club á Terceira División.
PLENO
A Corporación saínte celebrou o seu último Pleno
Unha sesión extraordinaria do Pleno municipal serviu para pechar unha nova lexislatura en Raxoi. Foi momento para aprobar as actas pendentes e para despedir aos concelleiros saíntes, á espera da toma de posesión da nova Corporación o sábado 16 de xuño.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concurso de Novas Ideas Empresariais recibiu xa 21 solicitudes
O Concurso de novas ideas empresariais "Compostela Activa 2007" recibiu xa 21 solicitudes, a un mes de que remate o prazo de inscripción, fixado para o 14 de xullo. O obxectivo do concurso, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Emprego, é estimular e apoiar a persoas que teñen unha idea de negocio, facilitándolles a posta en marcha do proxecto empresarial.
MULLER
O Concello de Santiago e a USC reforzan a súa colaboración no premio Xohana Torres
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Senén Barro, asinaron un convenio que ten por obxecto establecer os termos de colaboración entre ambas institucións para a convocatoria e concesión do premio Xohana Torres.
CULTURA E EDUCACIÓN
Os Monicreques de Kukas invitan ao público a coñecer o seu proceso de creación
Os concelleiros en funcións de Cultura, Néstor Rego, e de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentaron "Sen título 4x8x6. Técnica mista sobre escenario", unha nova entrega dos Monicreques de Kukas. Esta vez preparáronse varias funcións, para adultos e nenos, no Teatro Principal, entre o 13 e o 15 de xuño.
MOCIDADE
Os grupos musicais dos locais de ensaio municipais xa dispoñen dun "book" propio
Promover e facilitar o coñecemento dos grupos musicais dos locais de ensaio municipais é o obxectivo do "book" que a Concellería de Educación e Mocidade lles vén de preparar. Nesa publicación recóllense datos básicos sobre 40 grupos dos máis diferentes estilos.