COMERCIO

Reyes Leis entregou os premios da Noite Aberta de Primavera

01/08/2012

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, entregou os premios da Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrou o venres 18 de maio e que se integrou dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión. O programa contou coa colaboración das asociacións comerciais Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.

Leer más

XUVENTUDE

Sete prazas converteranse en "Teatros de pedra" con diversas representacións artísticas da mocidade galega

01/08/2012

Sete prazas de Santiago converteranse nos próximos días en sete Teatros de pedra, onde nove mozos e mozas creadores desenvolverán diferentes representacións artísticas para dinamizar estes lugares emblemáticos da cidade e, desta forma, dar a coñecer a Europa Atlántica e a cultura galega. Trátase da iniciativa Imaxina Atlántica: Teatros de pedra, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude ata o 13 de agosto. A súa programación foi presentada en rolda de prensa polo responsable desta...

Leer más
Compartir: