ACCIÓN CULTURAL
'MiiC na Rúa' leva a arte ao espazo público con intervencións nos escaparates da rúa do Vilar
'MiiC na Rúa' é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago que se desenvolve dentro do marco de IMAXINARIA, a IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC4) que se pode visitar na actualidade na Sede Afundación. A actividade consiste na realización dunha serie de intervencións artísticas simultáneas que se levarán a cabo na icónica rúa do Vilar, e que buscan recalcar o sentido de que a mostra toma a rúa.
TURISMO
A Casa do Cebro e a Casa de Afora preséntanse ao Premio "Mellor actuación de sostibilidade en SICTED"
Turismo de Santiago traballou con estes sobresaíntes aloxamentos do rural compostelán na definición da candidatura a presentar aos premios de Calidade Turística. O conxunto paisaxístico formado por A Casa do Cebro e A Casa de Afora atópase no lugar de Correxíns, na parroquia compostelá de Figueiras.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase o proxecto de reurbanización da rúa García Lorca
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou hoxe o proxecto técnico de reurbanización da rúa de García Lorca coas por un importe máximo de licitacion de 1.052.134,25 euros, IVE incluído. Tamén se aprobaron distintas adxudicacións de contratos, entre elas a do servizo de limpeza en edificios e instalacións dependentes do Concello á empresa Lacera Servicios y Mantenimiento SA, que presentou unha oferta económica 3.918.244,66 euros para os próximos tres anos.
PLENO
O pleno dá luz verde a dous créditos para os gastos de manutención e aloxamento das persoas refuxiadas ucraínas e para o equipamento do Centro de Servizos Innovadores do Biopolo
O pleno do Concello aprobou por unanimidade dous expedientes de crédito extraordinarios: un deles por importe de arredor de 53.000 euros para pagar os gastos de manutención e aloxamentos das persoas refuxiadas ucraínas acollidas en Santiago; e outro, por importe de 300.000 euros, destinado a unha subvención á empresa Sionlla Biotech, SL. para o equipamento do Centro de Servizos Innovadores para empresas biotecnolóxicas.
TRANSPORTE E MOBILIDADE
O Concello alugará unha decena de autobuses para mellorar o transporte urbano
Once autobuses, a maioría novos, e alugados a través de leasing, é a solución provisional coa que o Concello quere mellorar o servizo de transporte urbano á espera de que saia o novo contrato. Unha solución que se canalizará a través do actual operador, e coa que empezarían a circular en menos de dous meses en substitución dos vehículos máis antigos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Recepción aos participantes na xornada de Kaleidos.red sobre a Axenda 2030, que se celebra mañá en Santiago
Santiago de Compostela acolle mañá a xornada "Comunicar e implicar á cidadanía na Axenda 2030. Novas narrativas e linguaxes", organizada pola Fundación Kaleidos.red, da que forma parte o Concello de Santiago. Os actos comezaron este mesmo serán cunha recepción ao Padroado da entidade presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O luns, día 14, ábrese o prazo de inscrición no programa Cativadas de Nadal que nesta edición conta con 185 prazas de conciliación
O luns, 14 de novembro ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación Cativadas de Nadal que se vai desenvolver na rede de Centros Socioculturais durante as vacacións de Nadal no marco de Vive o Nadal 2022. Este ano ofértanse 185 prazas,110 nos centros urbanos e 75 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España promocionarase internacionalmente en Asia e Iberoamérica
A primeira Tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistió hoxe á Asamblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrada en Cáceres; na que se anunciaron as próximas accións de promoción internacional que vai levar a cabo o Guupo en Asia e Iberoámerica. Foi un día despois da entrega do Premio Patrimonio 2022 á galerista Helga de Alvear, por converter o Museo Helga Alvear nunha referencia da arte en Europa.
TURISMO
Última fin de semana para ‘tolear’ cos petiscos do XIV Santiago(é)Tapas
Este domingo 13 de novembro, rematará o XIV Santiago(é)Tapas, concurso de tapas da cidade promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, baixo o lema de ‘Toleamos por (é)Tapas’. O vindeiro 28 de novembro celebrarase unha gala no Auditorio de Galicia na que se anunciarán as propostas gañadoras desta edición.
CIDADES PATRIMONIO
Cáceres acolle a Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a entrega do Premio Patrimonio a Helga de Alvear
En representación de Santiago, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistirá este sábado á Asemblea de alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que terá lugar en Cáceres. Ademais, Rosón partipará esta tarde na comisión executiva do Grupo e na entrega do Premio Patrimonio 2022 á galerista Helga Alvear.