URBANISMO

O palacete modernista do Espiño parecerase o máis posible ao orixinal

25/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Urbanismo, María Pardo; e o arquitecto José Luis Pereiro visitaron o palacete da Finca do Espiño e o parque no que se ubica, actualmente en obras para recuperalo para o uso público. Unha vez rematada a actuación no espazo verde, reconstruirase o palacete, coa intención de que todo o complexo público estea rematado a primeiros de 2015.

Leer más

ALCALDÍA

En marcha as obras en Doutor Teixeiro

25/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou as obras que se están a realizar na rúa Doutor Teixeiro. En próximos días tamén comezarán os traballos previstos en República Arxentina, San Pedro de Mezonzo e Santiago de Chile. En todas estas obras elaborouse un programa de traballo para que non interfiran na campaña comercial do Nadal.

Leer más

MULLER E IGUALDADE

Andaina contra a violencia doméstica

24/11/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, participou na andaina contra a violencia doméstica "Camiño ao Respecto", para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Leer más

CULTURA

Chega a Cineuropa "Klip" e proxéctase por última vez "Night moves"

24/11/2013

Na xornada do luns poderemos ver o primeiro pase de Klip, de Maja Milos, e teremos a última función de Night moves, de Kelly Reichardt, da que o director de Cineuropa di que é "tal vez, a mellor película do ano". Teremos tamén pases únicos de Colpire al cuore, de Gianni Amelio, que presentará Daniel Gascó; Samurai, de Gaspar Scheuer; All the ships at sea, de Dan Sallitt; Partner, de Bernardo Bertolucci, presentado tamén por Daniel Gascó; Il caimano, de...

Leer más

TURISMO

Santiago alcanza o millón de pernoctacións entre os meses de xaneiro e outubro

23/11/2013

O turismo internacional continúa crecendo en Santiago no 2013 despois de que o 2012 xa marcase o récord histórico na cidade, cando se alcanzaron as 417.245 pernoctacións no conxunto do ano. O 2013 é xa o mellor ano na demanda internacional da cidade, posto que entre xaneiro e outubro houbo 419.242 pernoctacións, superando a cifra total do ano 2012, grazas a un crecemento acumulado do 7,6% no que vai de ano.

Leer más

MULLER E IGUALDADE

Obradoiros para nenos e nenas destinados a promover valores de igualdade

23/11/2013

A concelleira de Benestar Social e Muller, María Castelao, asistiu aos dous obradoiros para nenos e nenas organizados no marco do III Plan de Igualdade e con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Primeiro visitou o realizado no Centro Comercial As Cancelas e logo o de Área Central.

Leer más

CULTURA

Primeiro pase da premiada "Like father, like son", de Hirokazu Kore-eda, na xornada do domingo en Cineuropa

23/11/2013

Na xornada do domingo 24 temos unha desas citas que non se poden perder en Cineuropa: a proxección de Soshite Chichi ni naru (Like father, like son), de Hirokazu Kore-eda. O filme chega con grandes expectactivas xa que acadou neste 2013 o Premio do Xurado en Cannes e o Premio do Público en San Sebastián. Ademais, teremos tamén o primeiro pase de Post mortem, de Larrain; de Tre Fratelli, de Rosi e de Las analfabetas, que aborda un reflexo do Chile actual e para o que contaremos coa presentación e debate con público...

Leer más
Compartir: