ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO E SOSTIBLE

Un investimento de 650.000 permitirá a renovación completa da avenida Quiroga Palacios

21/04/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentaron o proxecto de renovación da avenida Quiroga Palacios, obra moi demandada polos veciños da zona dado o deterioro tanto das beirarrúas como do propio vial. A actuación, na que se investirán 650.000 euros, farase con cargo aos fondos Urbana Norte conseguidos das baixas doutros contratos e terá un prazo de execución de 6 meses.

Leer más

TURISMO

Santiago Pasión dobra os menús consumidos na súa segunda edición

19/04/2014

A oficina de información de Turismo de Santiago acolleu o sorteo de oito "experiencias relixiosas", que permiten vivir unha procesión por dentro, coma un membro máis dunha confraría.
A oficina de información turística recibiu entre o sábado 12 e o venres 18 un 20% de consultas máis respecto o mesmo periodo da Semana Santa do ano pasado.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A 32ª edición do Festival Outono Fotográfico abre o seu prazo de inscrición

16/04/2014

A Concellaría de Centros Socioculturais informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na 32ª edicción do Festival Galego de Fotografía, Outono Fotográfico, que se celebrará nos meses de outubro, novembro e decembro e que terá repercusión como outros anos nos centros socioculturais de Santiago, que exporan como outras salas e entidades colaboradoras en toda Galicia, os traballos artísticos seleccionados.

Leer más
Compartir: