ALCALDÍA
Goretti Sanmartín participa na Comisión Executiva do Eixo Atlántico celebrada en Lugo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá na Comisión Executiva do Eixo Atlántico que tivo lugar na cidade de Lugo, onde se inaugurou unha praza co nome da entidade transfronteiriza.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Praza Roxa acolle o Mercado das Alfaias "para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable"
A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola Concellaría de Dereitos e SErvizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, en colaboración coa asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.
MOBILIDADE
O martes 25 de xuño entra en vigor o horario de verán no transporte urbano
Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar, reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden co inicio das obras da rúa do Pombal.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello recupera a exposición sobre a situación das persoas refuxiadas e migrantes, instalada desde hoxe na Alameda
Esta mañá quedou instalada na Alameda a exposición "Mira con outros ollos", impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. Trátase da mostra que xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021, e que fora vítima de actos vandálicos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explicou que "recuperando esta exposición queremos lanzar a mensaxe de que o Concello de Santiago non vai calar diante do odio e da...
OBRAS E MOBILIDADE
As obras do Pombal comenzarán o 25 de xuño "para mellorar a accesibilidade e apostar por un novo modelo urbano"
As obras de reurbanización da rúa do Pombal comezarán o próximo 25 de xuño, unha vez rematado o curso escolar, co obxectivo de reducir o seu impacto na mobilidade. Os traballos, nos que se van investir máis de 730.000 euros, permitirán mellorar a accesibilidade e renovar a rede de servizos, ao tempo que "son reflexo da aposta por un novo modelo urbano que prioriza a mobilidade peonil e ciclista, grazas á ampliación da beirarrúas e o acondicionamento dun carril bici".
ALCALDÍA
Asinada a addenda que actualiza o financiamento da nova depuradora da Silvouta
O pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de sinatura da addenda nº1 ao ao convenio subscrito entre o Concello de Santiago, Augas de Galicia e Acuaes para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. Asinaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, como presidenta de Augas de Galicia; e Rosa Cobo, presidenta executiva de Acuaes. Tamén asistiu o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e membros da corporación...
URBANISMO
Publicado no DOG o anuncio de suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas que protexe o comercio de proximidade
O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores 19 de xuño, tal e como comprometera o goberno local, o acordo da Xunta de Goberno do luns 17 de xuño polo que se procede á suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas de determinados establecementos vencellados ao turismo, así como suspende a substitución de usos comercias por residenciais nos baixos, isto é, non se pode implantar unha vivenda onde agora haxa un comercio.
CAPITAL CULTURAL
A danza e a música contemporáneas soben ás táboas do Teatro Principal con ‘Somos’
O espectáculo da compañía de danza lookathinsdifferent conta con música orixinal do compositor e pianista compostelán Nico Casal, quen a interpretará en vivo nesta representación en Santiago. As entradas para o evento, que forma parte das Xornadas de Música Contemporánea e da programación conmemorativa do Día Europeo da Música, están dispoñibles na web de Compostela Cultura e nos despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal. O mesmo escenario dará acubillo o xoves 20 a un recital...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O teatro amador volve á rede de centros socioculturais, da man do ciclo "Fegateatro"
O programa de teatro amador Fegateatro chegará este ano a dez centros socioculturais de Santiago, "ampliando a oferta cultural da rede, contribuíndo á creación de novos públicos e apoiando as compañías de teatro afeccionado". O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron tamén a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón, e a súa vicepresidenta Ana María Rodríguez.
URBANISMO
O concelleiro de Urbanismo traballa xa no estudo para a modificación do planeamento: "sen residentes non hai comercio de proximidade e sen comercio de proximidade, non hai residentes"
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, explicou hoxe de novo a medida acordada pola Xunta de Goberno local este lunes, una medida que supón a suspensión cautelar de licenzas e comunicación previas dos comercios que "non atenden as necesidades directas da poboación". "É unha postestade que temos cando queremos estudar unha modificación do planeamento, neste caso da cidade histórica, e que ten por obxectivo protexer o comercio de proximidade e o comercio que atende as necesidades vitais da xente residente da cidade...