OFRENDA
Dolores Villarino apela á convivencia e á concordia na Ofrenda ao Apóstolo
A presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino, solicitoulle ao Apóstolo o fin do terrorismo e fixo unha chamada á convivencia e á concordia como valores esenciais. Este foi dos temas de actualidade recollidos pola Delegada Rexia nunha ofrenda que tamén recordou cuestións como a violencia doméstica, a inmigración ou o futuro de Galicia.
ALCALDÍA
Isaac Díaz Pardo recibiu a Medalla de Ouro de Galicia
O Parque de San Domingos de Bonaval acolleu a entrega da Medalla de Ouro de Galicia a Isaac Díaz Pardo, "pola súa contribución á cultura galega e á defensa dos intereses de Galicia". O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto, ao que tamén asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O Instituto Cubano do Libro invita ao alcalde a participar na Feira Internacional do Libro de La Habana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez. Acompañouno na visita o cónsul xeral de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández.
ALCALDÍA
La Bañeza e Compostela, unha unión de décadas grazas á Vía da Prata
Un grupo de integrantes da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Monte Monte Urba, de La Bañeza (León), peregrinou a Compostela, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Encabezaba a delegación o alcalde da localidade, José Miguel Palazuelo.
ALCALDÍA
Santiago e Asissi (Italia) sentan as bases dun posible irmandamento
O rexedor da cidade italiana de Asissi, Claudio Ricci, mantivo un encontro en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ámbolos falaron dun posible irmandamento entre as dúas cidades, unidas polo seu rico patrimonio cultural, artístico e relixioso.
ALCALDÍA
A Real Filharmonía celebrou a festividade do Apóstolo cun concerto especial
A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos acolleu un concerto especial, con motivo da celebración do Día do Apóstolo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Cinco alumnos de excelencia académica da USC realizarán prácticas en empresas compostelás
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel, do vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e do vicerreitor de Posgrao da USC, Máximo Pló, presentou a resolución da Convocatoria de axudas a empresas para a contratación de alumnos de excelencia académica recoñecida da USC, que se pechou o 16 de xullo.
FESTAS
Susana Seivane, ilusionada polo concerto que ofrecerá na Quintana o Día do Apóstolo
O Día de Galicia ten unha cita musical ás 23:00 na praza da Quintana. Alí, a artista galega Susana Seivane presenta os seus mellores temas cun espectáculo que durará arredor de 90 minutos.
FACENDA
O Concello e o Colexio Oficial de Xestores Administrativos colaborarán para impulsar a xestión tributaria electrónica
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de asinar un convenio co delegado da provincia da Coruña do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Luis Rivera Caramés, que establece un sistema de colaboración entre a administración tributaria do Concello e o Colexio.
ALCALDÍA
Iníciase o proxecto de expropiación da Casa do Cabildo
Unha vez habilitado un crédito de 1.279.306 euros polo Consorcio, a Xunta de Goberno acordou o inicio do procedemento de expropiación, por taxación conxunta, da Casa da Cabildo. Dese xeito, pasarán ao dominio público os edificios 5 e 6 da praza das Praterías, cunha superficie respectiva de 194,7 e 337 metros cadrados.