XUVENTUDE
Concello, Don Bosco e Igaxes3 traballan nun programa de voluntariado destinado a mozos en risco de exclusión social
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión en Raxoi con Francisco Rodríguez Míguez, de Don Bosco, e con Manuel Noya e Cristina Rozas, de Igaxes3.
OBRAS E BRIGADA
O Concello investiu 72.000 euros na eliminación de máis de 1.000 fochancas
O concelleiro responsable da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, acompañado do concelleiro Luis Meijide, encargado do seguimento do rural, deu conta do balance dos traballos de eliminación de fochancas nos vieiros da cidade. En total, as Brigada eliminou 1.150 fochancas, que supuxeron un gasto de 72.000 euros. Ademais, recibíronse 950 chamadas nas liñas postas a disposición dos veciños para atender as súas demandas nesta materia.
EDUCACIÓN
Sesións de contos para bebés "Do berce á lúa" na Galería Sargadelos
A Campaña de Animación á Lectura, que se vén desenvolvendo neste mes de maio, inclúe tamén unhas sesións de contos para bebés, baixo o título Do berce á lúa. As sesións celebraranse este sábado 11, ás 11:30 e 12:30 horas, na Galería Sargadelos (rúa Nova, 16).
TURISMO
Lavacolla contará este verán con doce conexións internacionais
Lavacolla, o aeroporto central de Galicia, contará este verán con doce conexións internacionais, incluíndo tres novas conexións con respecto á temporada de verán do ano pasado: Estambul con Turkish Airlines, e Londres (Gatwick) e Basel con Easyjet. As restantes conexións directas dispoñibles serán: Londres (Stansted), Frankfurt e Milán con Ryanair; París e Zurich con Vueling; Xenebra con Easyjet; Dublín con Aer Lingus; Caracas con Air Europa; e Madeira con Sata. Estímase que entre estas...
FESTAS
Música, xogos populares, deporte e monicreques para pechar a Ascensión
Pasado o ecuador das Festas da Ascensión, o fin de semana de peche traerá diversas actividades musicais, deportivas e de lecer para todos os públicos. Unha desas citas é a XV Festa dos Maiores no recinto feiral de Amio.
FESTAS
Todo listo para a celebración en Amio dunha nova edición da Festa dos Maiores
Como cada ano dende 1998 celébrase na nave central do recinto Feiral de Amio a Festa dos Maiores, que chega á súa XV edición. A idea xurdiu como forma de confraternización dos maiores de Santiago e para que tivesen un espazo propio dentro da programación das Festas da Ascensión.
ALCALDÍA
Santiago acolle a Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Xornalismo á apertura da 31ª Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais, que reune a directivos de televisións públicas de 25 países europeos. No acto tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
FESTAS
Milleiros de persoas noutra exitosa Feira Cabalar das Festas da Ascensión
Un ano máis, as Festas da Ascensión abriron o seu día grande coa celebración da Feira Cabalar. Milleiros de persoas presenciaron no recinto feiral de Amio os distintos concursos morfolóxicos e de doma.
EDUCACIÓN
Un contrato global permitirá axilizar as actuacións de reparación e mantemento nos centros escolares de Santiago
A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia cos directores dos CEIP de Santiago. Estes puidéronlle explicar as principais necesidades dos centros.
FESTAS
Concursos morfolóxicos e de doma nunha nova edición da Feira Cabalar da Ascensión
O concelleiro de Festas, Francisco Noya presentou as actividades da Feira Cabalar da Ascensión, acompañado por Xacobe Pérez, da Asociación de Cabalos de Pura Raza Galega. Na rolda tamén estiveron dous domadores que luciron o novo traxe de gala creado na honra dos defensores do Camiño e que leva na fronte a Cruz de Santiago.