ACCIÓN CULTURAL

Entrega do I Premio Plataforma a La Ribot pola súa traxectoria no mundo da performance

01/06/2021

O premio foi entregado polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, nun acto ao que tamén asistiron Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural e Igualdade; representantes dos grupos municipais do Concello de Santiago de Compostela; Santiago Olmo, director do CGAC e David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, directores de Plataforma. Festival de artes performativas.

Leer más

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico dá o visto bo ás obras de mellora da accesibilidade en distintas rúas de Santiago

01/06/2021

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, das obras de mellora da accesibilidade en diversas rúas de Santiago de Compostela. Estas actuacións, promovidasd polo propio concello, contan cun orzamento de 154.598 euros, e están consensuadas con COGAMI.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a licitación das obras de reurbanización da rúa do Hórreo por preto de 600.000 euros

01/06/2021

A Xunta de Goberno vén de aprobar o expediente de execución das obras de reurbanización da rúa do Hórreo, así como a apertura do procedemento de adxudicación, nunha sesión na que tamén se deu luz verde ás listaxes definitivas das Escolas Infantís municipais e á convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación...

Leer más

ALCALDÍA

O Goberno autoriza a construción do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27,75 millóns de euros

01/06/2021

O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, autorizou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif Alta Velocidade, o contrato de obras de execución do proxecto construtivo do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27.758.103,41 euros (IVE non incluído). Una nova que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu con satisfacción.

Leer más
Compartir: