XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda sancionar á empresa responsable da fase II de Vista Alegre pola demora nas obras
A Xunta de Goberno acordou hoxe impoñer á empresa Petrolam A Veiga S.L a sanción de 52.470,98 euros polo retraso nas obras de Vista Alegre, en concreto da Fase II.
IGUALDADE
Os nenos e nenas participantes no Verán CampUSC 2016 visitan o Pazo de Raxoi
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibiu esta mañá no salón nobre do Concello os participantes do Verán CampUSC 2016, un programa organizado pola Universidade compostelá no que colabora por primeira vez o Concello de Santiago a través do Departamento de Igualdade.
MOBILIDADE
Máis frecuencias e mellor cobertura xeográfica na reordenación das liñas do transporte público de Compostela
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe da proposta para a reorganización das liñas de autobús, que onte foi presentada no Consello de Administración de Tussa. Jorge Duarte explicou que o obxectivo da reorganización é conseguir "un transporte público máis eficiente, que nos axude a reducir a presenza de vehículos privados e, polo tanto, unha cidade máis habitable".
CONVIVENCIA
Limitada a velocidade na avenida de Castelao a 30 quilómetros/hora
Esta mañá remataron os traballos de sinalización na avenida de Castelao, na que dende hoxe non se poderá circular a máis de 30 quilómetros por hora.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Música, teatro, cine e monicreques no número de setembro de "Compostelánea"
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi o número de setembro de Compostelánea, a nova publicación municipal que informa da ampla oferta cultural e de ocio da cidade. A revista naceu o pasado mes de xullo co obxectivo de que a veciñanza de Santiago e as persoas que visitan a cidade poidan coñecer toda a actividade que se desenvolve en Compostela durante cada mes.
TURISMO
O festival WOS celebra a súa terceira edición con medio cento de actividades nunha ducia de espazos de Santiago de Compostela
O festival WOS, que se celebrará en Compostela do 7 ao 11 de setembro, xa ten pechada a súa programación. Presentouna hoxe o director do evento, Iván Arias, nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.