PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Primeiro baile para os maiores na Casa das Asociacións
Este sábado, 3 de xulloo, a Casa das Asociacións, ubicada na antiga estación de tren de Cornes, acollerá o primeiro baile para os nosos maiores, que se repetirá o primeiro sábado de cada mes.
EDUCACIÓN
Máis de 120.000 euros para obras de mantemento nos colexios e nas escolas rurais do Concello
Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria deu o visto bo ao inicio do expediente para a contratación de obras de mantemento nos colexios de educación primaria e infantil e nas escolas rurais ubicadas no Concello. Esta contratación farase por procedemento negociado sen publicidade e cun tipo máximo de licitación de 105.285,92 euros máis o 16% do IVE (16.845,75 euros).
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Verán de Inglés axuda a máis de 200 rapaces a mellorar o seu dominio deste idioma
Botou a andar a Escola de verán de Inglés (English Summer School) no IES Rosalía de Castro, onde estará aberta ata o 31 de xullo. No segundo día de actividade e xa organizados os grupos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo unha visita á Escola. Máis de 200 rapaces e rapazas participan nesta edición.
CULTURA
O Festival dos Abrazos encherá o mes de agosto con preto de 150 actividades
A praza do Toural acolleu a presentación da segunda edición do Festival dos Abrazos, unha mostra de creación contemporánea local e internacional coa que a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais ofrece unha nova ollada sobre espazos singulares de Santiago de Compostela. A edición de 2009 segue o lema Crea(c)ción en Aberto e ofrecerá preto de 150 actividades por toda a cidade.
MERCADOS
Música, animación e 150 postos medievais para dinamizar a Cidade Histórica durante catro días
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mercados, Andrés Fariña, visitaron a II Feira Medieval na súa primeira xornada. O mercado estará aberto ato o 5 de xullo nas prazas e rúas da Cidade Histórica. Son 150 postos e diversas actividades que recrearán o ambiente da Idade Media e dinamizarán esta parte da cidade durante catro días.
ALCALDÍA
A cidade acollerá en 2010 un congreso internacional sobre promoción da literatura entre a infancia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario do XXII Congreso Internacional IBBY, Xosé Antonio Neira Cruz. Este evento celebrarase en Santiago entre o 8 e o 12 de setembro de 2010, co obxecto de intercambiar experiencias e desenvolver iniciativas de promoción da lectura para a infancia en todos os países do mundo.
TURISMO
Máis de 6.500 tapas consumidas na primeira fin de semana do concurso
Un total de 6.500 tapas degustadas en 4 días, 2.300 Tapasportes recollidos, 70 Tapasportes de empresa entregados e máis de 1.200 admiradores no Facebook son algúns dos datos de inicio do concurso Santiago (é)Tapas.
PARQUES E XARDÍNS
O barrio de Salgueiriños conta xa con unha nova área recreativa e de lecer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova área recreativa situada na zona norte do barrio dos Salgueiriños, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. A nova área, realizada con fondos FIL, conta cunha superficie total de 7.500 metros cadrados e esta inserida dentro do Parque dos Salgueiriños, un espazo verde público de máis de 56 000 metros cadrados.
INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA
Un tramo da rúa Fernando III El Santo quedará cortado ao tráfico do 6 ao 10 de xullo por mor das obras do túnel do Hórreo
As obras de reposición de servizos no Hórreo obrigarán a cortar o tráfico en Fernando III El Santo, no tramo entre o Hórreo e a rúa da Rosa, do luns 6 ao venres 10 de xullo. Neste tempo estará prohibido o tráfico na rúa e unicamente se permitirá a entrada para os residentes e para a carga e descarga. No caso dos peóns, non poderán cruzar cara a estación de ferrocarril no paso de peóns ao final desta rúa e deberán desprazarse uns metros máis arriba, ao paso de peóns do...
XUVENTUDE
Xuventude ofrece clases musicais aos grupos dos locais municipais de ensaio
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou nos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela (Estadio de San Lázaro, 10) a nova proposta formativa para as agrupacións musicais da cidade. Trátase da segunda edición de accións formativas, consistentes nun "coaching musical", no que os grupos participantes reciben o asesoramento especializado de diferentes profesionais do mundo da música.