URBANISMO

O Concello de Santiago externalizará a tramitación das sancións urbanísticas en prol dunha maior eficacia

28/08/2012

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou en rolda de prensa que o Concello vai recorrer á colaboración externa dunha empresa privada para reforzar as tarefas de disciplina urbanística, adxudicándolle a xestión das sancións neste ámbito. O principal obxectivo desta medida é favorecer a "eficacia" nesta materia, asegurando un maior nivel de cobro das sancións.

Leer más

EMPREGO

Emprego porá en marcha un plan de formación no ámbito de comercio exterior en colaboración coa Cámara de Comercio

27/08/2012

A concelleira de Emprego, Paula Prado, informou da vindeira posta en marcha dun plan de formación, en colaboración coa Cámara de Comercio, que ten como obxectivo dotar aos participantes das ferramentas teóricas adecuadas para que poidan levar a cabo accións de internacionalización de produtos, así como de manexo de novas tecnoloxías e TICs. Os cursos, que contarán cun investimento de 14.880 euros, terán lugar dende o 27 e 28 de setembro e estenderanse ao longo do último trimestre do ano.

Leer más

ALCALDÍA

Resolto o problema da canalización de auga na rúa dos Caraveis (Vidán)

27/08/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Barrios, Juan de La Fuente, visitaron a rúa dos Caraveis, en Vidán, acompañados de veciños da zona. Puideron así comprobar de primeira man o problema da canalización de auga que provocaba que a auga saíra quente polas billas dalgunhas casas do lugar.

Leer más

CONSORCIO

En marcha a primeira fase do proxecto do Centro Nacional de Formación en materia de Rehabilitación da Fundación Laboral

24/08/2012

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración para a recuperación da antiga curtidoiro de Pontedriña, que albergará o Centro Nacional de Formación en materia de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción.

Leer más

DEPORTES

Composteláns e visitantes retratáronse en Raxoi coa Copa do Mundo e coas dúas Eurocopas logradas pola Selección Española

23/08/2012

O Concello de Santiago convidou a todos os cidadáns que quixeran admirar a Copa do Mundo de fútbol conseguida en Sudáfrica no ano 2010 e mais as dúas Eurocopas logradas en 2008 e 2012 pola Selección Española de fútbol a que se achegaran polo Concello nesta xornada de xoves. Numerosos composteláns e visitantes pasaron por Raxoi para retratarse cos trofeos.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Recuperada para o uso peonil a ponte sobre o Sar no parque Eugenio Granell

23/08/2012

A concelleira de Medio Ambiente en funcións, Paula Prado, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitaron o parque Eugenio Granell para supervisar as obras que se levaron a cabo na ponte que cruza o río Sar nesta área verde da cidade. Grazas a esta intervención púidose abrir de novo aos peóns a ponte, pechada no seu día pola subtracción da varanda.

Leer más

PROCESIÓN

O Concello dá a benvida á cidade a un grupo de case 300 peregrinos hindús

23/08/2012

As concelleiras Amelia González e Paula Prado participaron na cerimonia de apertura da procesión hindú que trouxo ás rúas de Santiago a unha comitiva de preto de 300 persoas pertencentes a esta etnia. No acto estiveron presentes tres grandes autoridades espirituais na India e outros países do mundo, como son as súas santidades Radhanath Swami, Bhakti Charu Swami e Sacinandana Swami.

Leer más
Compartir: