TURISMO

Os Camiños de Santiago e de Kumano protagonizan unha exposición fotográfica sobre as peregrinacións

30/10/2013

Turismo de Santiago inaugurou no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, unha exposición fotográfica titulada Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade, que foi presentada polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Esta acción enmárcase na celebración do Ano Dual España-Xapón 2013-2014.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Premio Manuel Beiras cumpre a súa XIV edición recoñecendo o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego

30/10/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, presentaron a XIV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión pola Cámara de Comercio, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Leer más

CULTURA

Rober Bodegas e Alberto Casado presentan "Entremeses (sketches en directo)" na Zona C

30/10/2013

O ciclo Falabaratos ofrece unha nova proposta de humor para esta fin de semana. Así, chegan á cidade Rober Bodegas e Alberto Casado cos seus Entremeses (sketches en directo), que poderemos ver na Zona C este xoves 31, así como venres, día 1 de novembro e sábado día 2 a partir das 20:30 horas. As entradas, a 8 euros anticipada, e 10 euros o día do evento, poden mercarse na billeteira do Principal (no horario habitual de 18:00 a 21:00 horas) e na propia Zona C os días de evento dende as 19:00 horas.

Leer más

CULTURA

Scout Niblett cancela o seu concerto no triCiclo por motivos de saúde

30/10/2013

O TriCiclo 4 celebrarase este xoves 31 no Centro Galego de Arte Contemporánea e nel actuarán, tal e como estaba previsto, Ainara LeGardon e Fantasmage. Non estará, como se anunciou inicialmente, a británica Scout Niblett, que vén de cancelar varios concertos da súa xira por mor dunha enfermidade. O concerto continúa adiante coas outras dúas propostas e completarase máis adiante co concerto de Niblett tan pronto a saúde e a axenda llo permitan.

Leer más

ECONOMÍA

Certificados de calidade para seis empresas polo seu labor investigador e innovador

29/10/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou os certificados de calidade da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Turismo, Comercio e Emprego, Reyes Leis; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, e o director xeral de EQA Sistemas (European Quality Assurance Spain), Antonio Almodóvar.

Leer más
Compartir: