ALCALDÍA
Autoridades uruguaias visitan a Casa do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o venres 30 ao intendente do Departamento de Río Negro, Omar Lefluf Hebeich, e ao Intendente do Departamento de Paysandú, Julio Miguel Pintos Ruíz, entre outras autoridades uruguaias.
CULTURA
Cineuropa arrinca coa primicia de "Viva Zapatero", alegato contra a mordaza de Berlusconi en Italia
Este ano Cineuropa regresa ás pantallas da Sala Yago e do Salón Teatro e por primeira vez incorpora como sala de exhibición a Fundación Caixa Galicia.
PLENO MUNICIPAL
O pleno aprobará as ordenanzas fiscais e prezos públicos para o 2006
O proxecto de Ordenanzas Fiscais para o vindeiro ano, acordado na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o 20 de outubro, e que será aprobado inicialmente no Pleno municipal do xoves 27 de outubro.
PLENO
O pleno aprobará a concesión da medalla de ouro a Álvaro Siza
Na sesión ordinaria do pleno do 27 de outubro aprobarase a concesión da medalla de ouro a Álvaro Siza, entre outros puntos.
Benestar Social e UMAD
A UMAD presenta a campaña de deshabituación tabáquica "Cortar cos malos fumes"
A entrada en vigor da futura Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco", máis coñecida como Lei de prevención do tabaquismo, estabelecerá, entre outras medidas, a prohibición de fumar nos centros de traballo. Esta nova situación, así como os problemas que xera o tabaquismo levou a que desde a UMAD (Unidade Municipal de Atención aos Drogodependentes) se poña en marcha unha campaña de deshabituación tabáquica.
ALCALDÍA
O comandante da Garda Civil de Santiago despídese do Alcalde
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao ata agora capitán da Garda Civil en Santiago, Jesús Nadar, que, con motivo do seu nomeamento como comandante e á espera de novo destino, abandona a cidade.
CULTURA
O pianista Eldar Nebolsin interpreta a Mozart coa Real Filharmonía
O xoves 27 de outubro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Mozart, "As vodas de Fígaro (Obertura)" e o Concerto para piano nº 19 en Fa maior, KV 549 e de Beethoven a Sinfonía nº 4 en Si maior, op. 60.
CULTURA
Luis Tosar, Premio Cineuropa 2005
A Concellaría de Cultura de Santiago decidiu conceder ao actor galego Luís Tosar o Premio Cineuropa 2005. Tosar, que recibiu a noticia directamente do concelleiro Néstor Rego, agradeceu o galardón e amosou a súa alegría por poder recoller persoalmente o premio na gala que se celebrará o vindeiro 15 de novembro no Teatro Principal. Cineuropa 2005 desenvolverase entre o 2 e o 30 de novembro e será presentado publicamente o vindeiro luns.
BENESTAR SOCIAL
O concello achegará máis de 16 mil euros para cinco entidades de carácter social
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo asinou o mércores 26 de outubro, cinco convenios de carácter social con entidades e ONGs colaboradoras que desenvolven na nosa cidade un importante papel na atención social .
CULTURA
A fadista Mariza inaugura o segundo ciclo de Sons da Diversidade
Mariza trae a Compostela o fado tradicional pero tamén o que ela define como "fado orgánico" e que deu a coñecer no seu segundo disco, "Fado transparente", publicado o 25 de abril en Portugal, na conmemoración do 31 aniversario da Revoluçâo dos Cravos. Será o 30 de outubro no Auditorio de Galicia, dentro do Ciclo "Sons da diversidade".