MOBILIDADE
Apertura do prazo de solicitude das tarxetas de residente para as novas rúas de zona ORA e de zona verde
Os cidadáns que cumpran os requisitos establecidos na ordenanza municipal da O.R.A. para obter o distintivo de residente por domicilio, por traballo ou actividade profesional ou por municipio, poderán solicitar o correspondente distintivo de aparcamento para as novas rúas de zona azul ORA e de zona verde aprobadas pola Xunta de Goberno do 5 de febreiro.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello acondiciona un Mirador das Estrelas no Monte Pedroso
En consonancia coa iniciativa Slowlight, un movemento que defende a iluminación pública sustentable e a creación contornas urbanas sen contaminación lumínica, o Concello de Santiago desenvolveu un proxecto para crear o Mirador das Estrelas no Monte Pedroso, ademais da ordenación do uso dos espazos e da mellora dos seus accesos.
FESTAS
Un Meco inspirado na catástrofe ambiental dos pellets dará a benvida ao Entroido este sábado
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada de Faia e Guillermo, membros do grupo De Vacas que estarán a cargo do pregón deste ano, presentou a figura do Meco deste Entroido que percorrerá o sábado as rúas de Compostela para quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña ata o mércores 14 cando será queimado na praza Roxa. No acto tamén estivo presente o creador do Meco, José Manuel Méndez.
DEREITOS DOS ANIMAIS
O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais acorda emprender unha campaña de divulgación sobre adopcións e tenencia responsable
Representantes do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de distintos concellos que integran esta entidade realizaron unha visita ás súas instalacións para coñecer as obras de mellora deste recinto e os labores de limpeza efectuados nos últimos meses. Ademais, acordaron iniciar unha campaña de promoción para favorecer as adopcións e sobre os coidados para a tenencia responsable de animais.