EMPREGO
Conclúe o curso de cociña tradicional galega organizado polo Concello de Santiago
19/07/2022
Leer más
Catorce persoas completaron a súa formación no curso de cociña tradicional galega que organizou o Concello de Santiago. Este curso, que foi clausurado onte, desenvolveuse no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
SEGURIDADE CIDADÁ
A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para as festas do Apóstolo
19/07/2022
Leer más
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, entre outras autoridades, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, co obxectivo de consensuar as medidas de reforzo para garantir a seguridade durante as festas do Apóstolo. Na reunión constatouse unha tendencia á alza nos casos de vítimas de violencia de xénero en Santiago...