ACCIÓN CULTURAL
Ritmos medievais, pop e rock para escoitar a literatura da Selic
Juan Perro, Diego Ameixeiras e Mr Cool, AldaoLado e Xelís de Toro con Alejandro Vargas serán algúns dos concertos programados na sexta edición do Festival da Lectura.
ALCALDÍA
O alcalde asiste á inauguración do primeiro centro de Galicia especializado na captación e xestión de fondos Next Generation para os concellos, impulsado pola Deputación da Coruña
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asisitiu esta mañá, xunto ao presidente provincial, Valentín González Formoso; á alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e numerosos rexedores da zona, á inauguración do novo centro "Next Deputación", o primeiro centro de Galicia creado especificamente para dar apoio aos municipios na captación e xestión de proxectos susceptibles de ser financiados con fondos Next Generation da UE.
MEDIO AMBIENTE
Arranca o Banco de planta forestal para cumprir co obxectivo de "1 voto, 1 árbore"
O Concello de Santiago pon en marcha o Banco de planta forestal, unha iniciativa de intercambio de árbore autóctona para cumprir co obxectivo fixado na campaña "1 voto, 1 árbore" consistente en plantar unha especie senlleira por cada voto recibido polo Carballo de Conxo na súa carreira por facerse co título de Árbore Europea do ano 2022. O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitou esta mañá o banco, acompañado polos responsables dos departamentos de Emprego, Xabier Ferreiro, e de Parques e...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo sinala o "espectacular" aumento no número de visitantes que recibiu a cidade dende Semana Santa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou de "éxito espectacular" o incremento no número de visitas dende Semana Santa, dato que relacionou coas boas cifras de emprego rexistradas na cidade.