IGUALDADE
Preséntase a cuarta edición de "Reencontros nas parroquias", con roteiros, obradoiros de risa e de autocoidados, pezas audiovisuais e un encontro de mulleres no rural
A concellaría de Políticas de Igualdade pon en marcha o programa "Reecontros nas parroquias", enmarcado na segunda edición de Artellando Feminismo. Contemplan obradoiros de autocoidado, de risa, roteiros, creación de pezas audiovisuais e outros materiais de divulgación das actividades programadas, para rematar cun encontro de mulleres do rural. Todas estas actuacións desenvolveranse entre os meses de marzo e xuño nos centros socioculturais do rural: Lavacolla, Figueiras, Laraño, Marantes, Busto e Aríns.
POLÍTICAS SOCIAIS
Pulo ao Consello municipal de persoas maiores coa aprobación do seu regulamento en Xunta de Goberno local
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta en rolda de prensa da aprobación na Xunta de Goberno local de onte do regulamento do Consello municipal de persoas maiores de Santiago de Compostela, que regulará o funcionamento interno e a composición desta canle de comunicación entre o colectivo e a administración local para "unha mellor atención das súas inquedanzas".
CONSORCIO
O Consorcio aproba un incremento presupostario para a instalación dunha cuberta telescópica na piscina do Multiusos do Sar
Fun o principal asunto abordado na Comisión Executiva do Consorcio, que presidiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.